Ponteareas despide as festas do Correlingua 2021 na provincia de Pontevedra
O Dúo Vaguedades actuou en directo na Sala Multiusos para deleite da mocidade asistente, que berrou a prol do uso do noso idioma
Os centros educativos de Ponteareas recibiron con alegría o espectáculo ofrecido polo Dúo Vaguedades para desfrutar da festa do galego que pecha as actuacións desta edición de Correlingua na provincia de Pontevedra. Isabel Risco e Fran Rei presentaron a actuación humorística e musical a través das figuras de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal para desfrutar da lingua a través da música e da retranca.
Anteriormente a provincia festexou co noso idioma nas cidades de Pontevedra e Vigo, onde tivo lugar a festa grande provincial, e nas vilas de Bueu e da Estrada. No segundo ano de Correlingua baixo a pandemia, o sistema para estas actividades foi o de aula burbulla e, ademais, do alumnado que asistiu en directo, os concertos puideron ser seguidos en diferido desde a canle de You Tube.
"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"
PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA
Lembra que a seguinte cita do Correlingua será o 22 de novembro no Auditorio de Verín. A emisión será emitida en directo pola canle de You Tube.