Bueu celebrou o Correlingua 2021 no Centro Social do Mar

O grupo Música Miúda foi presentado por Fran Rei para desfrute do alumnado asistente

A asistencia en vivo ao evento estivo protagonizada por 150 alumnas e alumnos do CEIP a Pedra, de infantil e primaria. O Centro Social do Mar foi o espazo escollido en Bueu para a celebración desta festa do fomento do galego.

Os escolares desfrutaron, en vivo, da presentación de Fran Rei e coa actuación do grupo Música Miúda. Ademais, a festa foi transmitida por You Tube para que puidera ser seguida por centros escolares de toda Galiza, o que permite tamén que poida ser visionada en diferido.

EMISIÓN EN DIFERIDO

"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

Lembra que a seguinte cita do Correlingua será o 3 de novembro no Teatro Principal da Estrada. A festa tamén será presentada por Fran Rei e actuará Música Miúda. A emisión será emitida en directo pola canle de You Tube.

Volver