Ferrol celebrou o Correlingua 2021 coa asistencia de alumnado de seis centros ferroláns

A festa estivo presentada por Fran Rei e contou coa actuación do grupo Música Miúda

O auditorio municipal de Ferrol acolleu a festa do Correlingua este xoves 27 de outubro ás once e media da mañá. Por segundo ano consecutivo, tivo un formato singular por causa da pandemia e reuniu a case douscentas alumnas e alumnos ferroláns. Os centros escolares que participaron foron os CEIP A Laxe, Esteiro, Recimil, Isaac Peral, Ponzos, e o CEE Terra de Ferrol.

Os escolares desfrutaron, en vivo, da presentación de Fran Rei e coa actuación do grupo Música Miúda. Ademais, a festa foi transmitida por You Tube para que poidera ser seguida por centros escolares de toda Galiza.

EMISIÓN EN DIFERIDO

"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

O 29 de outubro  en Bueu ás 11:30 no Centro Social do Mar. A festa tamén será presentada por Fran Rei e actuará Música Miúda. A emisión será emitida en directo pola canle de You Tube.

Volver