4028 resultados
A Consellería deixa sen cubrir máis do 58% das licenzas por formación do profesorado
A CIG-Ensino denuncia que a administración, logo de non convocar as licenzas por formación no pasado curso e de ofertar 500 meses para o actual deixou sen outorgar 287 meses, o que supón neste último caso un aforro de arredor de 750.000 euros.

A CIG-Ensino reclámalle á Xunta no acto de inauguración do curso escolar recuperar xa os horarios recortados e reducir ratios e burocracia
Concentrouse esta mañá fronte ao CEIP Camiño Inglés de Oroso ao que acudiron Rueda e Rodríguez acompañando a raíña Letizia e a ministra Alegría para amosarlle a fartura do profesorado galego por ser o último en recuperar os dereitos recortados no estado

A CIG-Ensino insta á inspección educativa da Xunta e á do Estado a vixiar que os colexios do Opus da Coruña e Vigo non segreguen o alumnado
Malia que para a renovación dos concertos educativos durante os vindeiros seis anos estes catro centros se comprometeron a introducir a matrícula mixta en 1º de Primaria o sindicato sospeita que non se está cumprindo a LOMLOE

A CIG-Ensino exixe que se negocie xa este mes a recuperación do horario lectivo e a redución das ratios e da burocracia docente en Galiza
Ademais do recorte de 89 prazas de mestras denunciado no verán, a taxa de interinidade superará o 8,5% pola falta de reposición das xubilacións e máis dun terzo do persoal provisional terá que impartir materiais das que non é especialista ou itinerar.

CIG-Ensino cualifica como totalmente insuficientes as melloras introducidas na coordinación de benestar e convivencia
A Consellaría aceptou parcialmente a proposta da CIG-Ensino de reducir horario lectivo mais vinculada ás necesidades do centro e sen contraprestación económica

A Consellaría financia no ensino concertado medidas de atención á diversidade que non dá nos centros públicos
Hoxe, 1 de setembro, publícase no DOG a Orde que regula as axudas a centros privados concertados para atender a alumnado con NEAE, dotadas con 450.000 euros

Regularización económica do profesorado PTFP integrado en PES
Todo o que precisas saber do pago de atrasos pola integración no corpo de PES

Apertura de listas de substitución nos corpos de Secundaria, Escolas de idiomas e Catedráticos e Profesores de música e artes escénicas
O prazo de solicitude está aberto entre o 22 de agosto e o 4 de setembro

A Consellaría acomete a supresión de 89 prazas e 60 unidades de infantil e primaria nun dos maiores recortes dos últimos anos
Como todos os cursos a falta de transparencia impide coñecer a diminución de docentes noutras etapas, fundamentalmente Secundaria e Bacharelato

Asinadas as táboas salariais para 2023 do IX Convenio Colectivo do Ensino non Regrado por debaixo do acordado
A CIG-Ensino non asinou estas táboas salariais miserentas que manteñen a precariedade salarial no sector un ano máis, consolidando e aumentando a perda de poder adquisitivo do persoal traballador.

Publicada a resolución definitiva do CADP
A toma de posesión será o 1 de setembro nos centros adxudicados

Persoal do CAPD Souto de Leixa mobilízase contra o despedimento de tres traballadores/as
Traballadoras e traballadores do Centro de Atención á Discapacidade Souto de Leixa (Ferrol) realizaron unha concentración na mañá deste luns

Unha sentenza do TSXG gañada pola CIG obriga á UDC a devolver o desconto da cota patronal ao persoal investigador Margarita Salas e María Zambrano
Unha sentenza do TSXG gañada pola CIG obriga á UDC a devolver o desconto da cota patronal ao persoal investigador Margarita Salas e María Zambrano
páxina 33 de 310
Comisións Concilia e Saúde
Os prazos para as solicitudes das Comisións de Concilia e Saúde non comezan até que se publique no DOG a resolución definitiva do último concurso, neste caso o de infantil e primaria, é dicir, non comeza mañá cando a Consellaría publique, segundo o previsto, a resolución definitiva do CXT de mestras na súa páxina, comezará cando esa resolución se publique no DOG.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |