Aberto o prazo para a adquisición de novas especialidades (habilitacións) no corpo de mestres

Poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades durante os meses de xuño e setembro de cada ano

Aberto o prazo para solicitar a axuda para atención a persoas con discapacidade

O prazo remata o 18 de setembro e hai que presentar a documentación na dirección dos centros educativos

CigLembra, un novo pulo á nosa canle de Telegram

Recorda que tamén nos podes seguir en twitter, facebook e instagram

A CIG-ENSINO NON ASINOU AS TÁBOAS SALARIAIS 2018 E 2019 DO VIII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINO NON REGRADO

Unha vez máis as patronais, coa complicidade das organizacións sindicais estatais, sáense coa súa e asinan unhas táboas salariais para 2018 e 2019, que non só consolidan, senón que aumentan, a perda de poder adquisitivo no sector.

As traballadoras da EI A Ceboliña logran coa súa loita a readmisión das compañeiras despedidas e que se restablezan os seus dereitos

O Goberno do Concello de Miño pon fin aos abusos e incumprimentos de Novo Alicierce ao entregar a xestión da escola a unha nova empresa.

Publicado no DOG o listado de persoal que superou o concurso oposición

Comezan a contar os 20 días hábiles para entregar a documentación citada na convocatoria

Publican no DOG as últimas modificacións do acordo do persoal interino

O texto incorpora os últimos cambios presentados pola Consellaría na Mesa Sectorial do 2 de xullo

A supresión de 42 aulas implica a eliminación de 62 postos de traballo en infantil e primaria

Os postos de traballo que se suprimen coa publicación dos cadros de persoal son un 7% máis que o curso anterior e inciden nunha perda paulatina de persoal do corpo de mestres

Un 19% das prazas nas oposicións docentes fican sen adxudicar

A cifra é tres puntos superior á convocatoria do 2018 e confirma unha tendencia á alza nos últimos anos, especialmente centrada nas especialidades de secundaria
enteira

Publicada a resolución defintiva do CADP de Primaria

Resolución publicada o 1 de agosto

CIG-Ensino urxe a negociación da adscrición dos estudos artísticos superiores á universidade

O anuncio da futura creación dunha titulación de Grao en Deseño e Creación nas UVigo bate coa existencia de catro EASD que imparten estudos superiores.
enteira

Publicada a resolución provisional do CADP de secundaria

Resolución publicada hoxe mércores 31 de xullo

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
Outros 16 Xuño 2025
Bacharelato de ciencias e tecnoloxía

A web da Consellaría publica a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2025/26.

Convocatorias 15 Xuño 2025
Prazo para restrinxir por concellos e provincias

En vigor o prazo para o profesorado interino e substituto solicitar realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.

Outros 13 Xuño 2025
Prazo para restrinxir chamamentos o profesorado susbstituto e interino

A Consellaría anuncia que o 15 de xuño abre o prazo para o profesorado interino ou substituto solicite realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.

Outros 13 Xuño 2025
Tribunais das oposicións

A web da Consellaría publica os tribunais constituídos para as oposicións dos corpos docentes non universitarios do 2025. 

DOG 13 Xuño 2025
Instrucións para o curso 2025-2026

Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2025/26.

Outros 13 Xuño 2025
Centros STEMbach

Na web da Consellaría pode consultarse a listaxe de proxectos e centros seleccionados na fase preliminar do STEMbach no curso 2024-2025.