A CIG chama a unha xornada de protesta o 10 de abril para esixir medidas de protección social xustas

O venres 10 de abril ás 12 horas o profesorado tamén ten motivos para facerse escoitar

Descoordinación, ninguneo e falta de información sobre as oposicións son só algúns dos motivos polos que o profesorado galego como parte da clase obreira galega vaise sumar á cazerolada convocada pola CIG para este venres, 10 de abril ás 12 horas desde as nosas fiestras.

A CIG convoca unha mobilización social para o venres, 10 de abril, para trasladar o malestar que existe entre a cidadanía ante a xestión errática, caótica e insuficiente na crise sanitaria, que tamén é social e económica, derivada da pandemia do COVID19. Con esta mobilización, quérese demandar medidas de protección social sen discriminación entre colectivos, garantías de que as familias teñen ingresos suficientes e que se cobran en tempo as prestacións, así como reforzar as medidas de prevención para garantir a saúde das traballadores e traballadores dos sectores que continúan a súa actividade.

A protesta consistirá nunha cazolada dende as fiestras ás 12 horas do venres 10 de abril "para que se escoiten as nosas demandas e se vexa que aínda que estamos confinados e confinadas non imos calar ante o ataque continuado aos nosos dereitos". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, subliña que hoxe máis que nunca fan falta políticas públicas e concentrar todos os recursos en favor das maiorías sociais, "pero cun financiamento que non parta dos propios traballadores e traballadoras".

CIG

Para visibilizar esta reivindicación, CIG anima a todas as galegas e galegos a utilizar nas súas redes sociais, tanto nos días previos como na xornada de protesta, os cancelos #QueEscoiten, #QueNonConfinenOsTeusDereitos e #10deAbril e a que se suban imaxes, vídeos ou textos referentes a estas demandas sociais.

Dende o decreto de estado de alarma, o goberno está a actuar de maneira improvisada e errática, anunciando medidas que non se corresponden co que logo sae publicado no BOE, sacando propostas que quedan obsoletas unhas horas despois ou que son emendadas polo seguinte Real Decreto-lei. Medidas, en todo caso, que resultan insuficientes para garantir a protección da saúde, a paralización real de toda a actividade non esencial e ofrecer coberturas sociais para o conxunto da clase traballadora sen discriminacións.

Podes ler toda toda a información sobre a cazolada na páxina web da CIG: ligazón

Volver