Convocada videoconferencia da conselleria con organizacións sindicais e ANPAs

Vimos de recibir unha convocatoria para unha reunión coa conselleira de Educación para o xoves 23 de abril ás 17 horas. Nesta reunión participarán organizacións sindicais con representación no ensino público e no concertado así como federacións de ANPAs

O encontro non ten fixada orde do día e parte dun formato moi limitado, cunha intervención inicial da conselleira e rolda de intervención de asistentes, que seguramente non servirá para tratar con rigor e pormenorizadamente os temas que agora mesmo preocupan ao profesorado e ás familias. Entendemos que unha reunión destas características, que se convoca para un día despois da comparecencia da propia conselleira no Parlamento Galego, chega tarde mais como é lóxico aproveitarémola para resaltar os problemas que desde a CIG-Ensino atopamos neste terceiro trimestre, desde o contraste que supón o informe da enquisa feita no ámbito do profesorado do ensino público, incidindo na necesidade dun cambio de rumbo na política de interlocución coa Consellaría e na toma de decisións ao respecto do final de curso e na preparación das medidas oportunas para o vindeiro curso escolar. 

Tamén aproveitaremos para incidir novamente na nosa esixencia de que rectifiquen dunha vez e anuncien o aprazamento das oposicións e o seu traslado ao ano 2021.

Volver