28-X, Día do Orgullo LGTBIQ: medio século de loita e reivindicación da diversidade

A CIG esixe a equiparación de dereitos, rememorando a revolta de Stonewall, 50 anos despois

Publicada a resolución que fixa os prazos do CADP

O prazo ordinario de participación vai do 27 de xuño ao 17 de xullo

2020, ano Carvalho Calero

Na CIG-Ensino sumámonos ao entusiasmo suscitado desde que se coñeceu o pasado 22 de xuño que o Día das Letras Galegas 2020 estará adicado a Ricardo Carvalho Calero

A Consellaría teima en apostar polo inglés desaxustando os currículos dos ciclos formativos

A CIG-Ensino considera que esta medida vai ter efectos negativos na formación do alumnado e que reducirá a carga docente do profesorado dos módulos profesionais.

Sorte, compañeiras!

Mañá ás 9 de mañá todas tedes que estar nos lugares designados para os vosos tribunais

Educación prioriza só a FP dual de cara á oferta formativa do vindeiro curso desatendendo as máis de 40 demandas dos centros educativos

Nun contraste rápido da oferta presentada hoxe pola Consellaría detectamos que só foi atendida a petición dun ciclo de FP básica de Electrónica e Electricidade en Tomiño das máis de 40 que nos trasladaron desde os centros.

As organizacións sindicais do ensino non acoden ao Consello Escolar de Galiza pola ausencia de negociación coa Consellaría de Educación

Nos últimos anos non se creou ningunha comisión de traballo neste órgano, nin sequera ante o debate da reforma educativa.

O traballo dos centros e da CIG Ensino volve dar resultados

Conseguidas 14 prazas de atención preferente a maiores das ofertadas pola Consellaría nun primeiro momento

A CIG-Ensino denuncia os numerosos erros e cambios nas oposicións deste ano

Solicita que a administración refaga nun só documento todas as correccións de erros para que ningunha persoa opositora poda verse prexudicada por non ler unha corrección de erros

A CIG-Ensino defende que o ensino público precisa profesorado recoñecido no Congreso Nacional da FENPROF portuguesa

O secretario nacional, Suso Bermello, participa hoxe e mañá en Lisboa no XIII Congresso Nacional dos Professores no que puxo en valor o papel dos sindicatos para ter un profesorado organizado na loita pola mellora das nosas condicións laborais.

Improvisación, falta de rigor e un desprezo máis á nosa lingua nas probas ABAU

A CIG-Ensino acusa tamén á CIUG de actuar con falta de previsión na suspensión do exame desta mañá de Filosofía que tivo que ser adiado até as 16 horas o que retrasou a finalización de todas as probas

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 19 Xuño 2025
Proxectos de fomento do galego

Concede a Consellaría a as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego do curso escolar 2024/25.

DOG 18 Xuño 2025
Prazas sometidas a convenio

Publica o DOG o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.

DOG 18 Xuño 2025
Lingua galega en Londres

O DOG publica o concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (o Reino Unido).

Outros 17 Xuño 2025
Cursos CELGA e de linguaxe administrativa

Anuncia a Consellaría a convocatoria de cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas no curso académico 2025/26.

Outros 17 Xuño 2025
Préstamo de libros de texto

Publicada a regulación do fondo de préstamo de libros de texto, Fondo E-Dixgal, para centros participantes no programa E-Dixgal para o curso escolar 2025/26.

Outros 16 Xuño 2025
Bacharelato de ciencias e tecnoloxía

A web da Consellaría publica a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2025/26.