Publicadas no DOG as resolucións coas adxudicacións definivas dos concursos específicos de adultos e de orientación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe, 18 de marzo, a adxudicación definitiva dos destinos dos concursos específicos de adultos e de orientación de primaria.
Concurso de adultos Ligazón
Concurso de orientación de primaria Ligazón
Contra as anteriores resolucións poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte á publicación da resolución no DOG. Estes prazos non entrarán en vigor ata que remate o actual estado de alarma.