Hospitalización e Lactación

Logramos avances en ambos permisos

Na mesa sectorial celebrada o martes 10 de marzo logramos a clarificación dos permisos de hospitalización e de lactación.

No primeiro caso en aplicación de sentenzas xudiciais e no segundo caso,  no de lactación, na marcha atrás dada pola xunta á hora de facer o cálculo da lactancia cando polo medio mediaba unha excedencia.

Hospitalización

Preguntámoslle á Consellaría se ten resposta ao noso escrito demandando a modificación da duración do permiso de hospitalización despois da sentenza gañada pola CIG, pola que se aclara que non se pode reducir o permiso aínda que se produza alta hospitalaria. A Consellaría confirma que a sentenza así o obriga e que a modificarán en breve.

Lactación

Tamén ao respecto deste permiso preguntamos se van dar unha resposta afirmativa ao escrito que presentamos para que a administración reconsidere a información que estaban proporcionando a docentes que desfrutan o permiso por nacemento con carácter descontinuo ou cando se pide un permiso sen soldo ou unha excedencia. Desde a CIG-Ensino entendemos que as 4 semanas de acumulación por lactación deben gozarse completas aínda que a persoa solicitante non traballe todo o tempo entre o remate do permiso por nacemento (nai biolóxica ou outro proxenitor) e o cumprimento de 1 ano pola crianza. A Consellaría confirma o cambio e que se van desfrutar as 4 semanas en todos os casos descritos (permisos sen soldo, goce descontinuo, excedencia).

Volver