4014 resultados
Asociacións de nais e pais e de alumnado apoian a convocatoria de folga por un ensino presencial que non poña en risco a saúde
Coincidindo coa designación do “novo” conselleiro de Educación, agardan que se produza un xiro nas políticas da Xunta e se negocie un novo protocolo que garanta a distancia de seguridade de 1,5 metros en todas as etapas.
O profesorado interino e substituto contaxiado ou en corentena pola COVID-19 tomará posesión sen perda retributiva nin de cotización
Así o vén de confirmar a Consellaría de Educación en resposta a un escrito remitido pola CIG-Ensino no que se solicitaba evitar calquera discriminación ao colectivo no inicio dos seus contratos

Concentración diante do Parlamento de Galiza como antesala á folga pola seguridade e a protección fronte á COVID no curso 2020/21
Coincidindo coa votación de investidura de Feijóo como presidente da Xunta, delegadas da CIG-Ensino e das outras tres organizacións convocantes da folga o 10 e 16 de setembro, volveron reclamar a negociación do protocolo para a volta segura ás aulas

Profesorado vulnerábel á COVID-19: a Consellaría obriga a todo o persoal a acudir ao centro e elimina do protocolo “definitivo” toda a información sobre a xestión de peticións de vulnerabilidade
A administración mantén o cambio introducido na versión do protocolo do 22 de xullo, totalmente contraria ao aprobado para este profesorado vulnerábel no último trimestre co curso 2020/21, cando podía manter o traballo docente desde a casa

A CIG-Ensino reclama que o profesorado interino ou substituto en situación de corentena ou illamento preventivo poida tomar posesión con plenos dereitos
Nun escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos o sindicato faise eco das numerosas dúbidas recibidas estes días por parte de persoal con esta casuística que non pode verse discriminado por cumprir as medidas sanitarias

A convocatoria de folga fai rectificar á Xunta pero as medidas seguen sendo “insuficientes e desiguais” para as distintas etapas educativas
A Consellaría adiantou seis días a publicación do Protocolo “definitivo” para o curso 2020/21 tres días despois do rexistro da convocatoria de folga para o 10 e 16 de setembro e xusto unhas horas despois de que se fixeran públicas as mobilizacións

Mobilizacións e folga os días 10 e 16 de setembro por un ensino presencial con seguridade
Nunha rolda de prensa conxunta, CIG, CCOO, STEG e CSIF presentaron hoxe en Compostela as accións que promoven no marco da segunda fase de mobilizacións contra o protocolo da Consellaría de Educación

Acordamos un calendario de mobilizacións con dúas xornadas de folga no sector educativo
Calendario conxunto de CIG, CCOO, STEG e CSIF

A CIG-Ensino denuncia as formas en que a Xunta de Galiza está a realizar a proba serolóxica ao profesorado galego
A Xunta de Galiza segue a súa carreira de improvisación e fuxida cara adiante ante o inicio do curso escolar

1000 mentiras: a Xunta segue a manipular as cifras para ocultar a súa negativa a ampliar o número de docentes para afrontar o novo curso escolar.
En declaración aos medios, Carmen Pomar volve a empregar as cifras xa usadas con anterioridade, nun suma e segue de manipulación informativa e engano.
A CIG-Ensino proporá mobilizacións en setembro e folga no inicio do curso se a Xunta non rectifica o protocolo para a volta ás aulas
Tal e como se avanzara nas concentracións de xullo e ante o empeoramento da situación sanitaria, o sindicato maioritario no ensino público galego proporalle ao resto de centrais todas as accións necesarias para que o curso non comece nestas condicións.

A Xunta vende como reforzo fronte á COVID-19 o que é o simple cumprimento das ratios máximas en Infantil e Primaria
A Consellaría non informa de cales son os centros nos que se habilitan aulas, mestura aulas creadas con habilitadas para ofrecer unha cifra maior e pecha dúas unitarias con cinco alumnas e alumnos en cada unha

ARCO. Precariedade e parches nos reforzos educativos: así actúa a Consellaría para evitar a ampliación dos cadros de persoal
A convocatoria dos contrato programa ARCO para o curso 2020/21 non será universal e limitarase á presenza dun ou dunha docente a media xornada nunha minoría dos centros públicos galegos
páxina 88 de 309