Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas oposicións
Consulta na nova as instrucións para reclamar
A Consellaría de Educación publicou finalmente as listas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para a función pública docente.
O prazo para presentar reclamacións é de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación na web, polo que o rematará o 26 de abril.
Resolución pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas
Listaxe provisional de persoas admitidas primaria
Listaxe provisional de persoas admitidas secundaria
Listaxe provisional de persoas excluídas primaria
Listaxe provisional de persoas excluídas secundaria
COMO RECLAMAR
Acceda á sede electrónica da Xunta de Galicia: Aquí
- 1.- Prema o botón A miña sede e identifíquese
- 2.- Localice a súa solicitude de participación no apartado de Expedientes e prema no botón Acción: Emenda o requirimento
- 3.-Cubra o documento indicando que documentación xustificativa se achega e no seguinte paso achegue a documentación
- 4.- Finalice a presentación seguindo as indicacións da sede e garde o recibo xustificativo da presentación.
- 5.-No suposto de figurar incorrectamente como NON EXENTO/A da proba de coñecemento de lingua galega debe formular do mesmo modo a reclamación e achegar o documento xustificativo.
Se non figura nas listaxes, deberá empregar a solicitude xenérica (PR004A) que poderá atopar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
No suposto de que teña que emendar o pagamento das taxas poderá realizalo na Oficina Virtual Tributaria de modo telemático Aquí Lembra achegar o xustificante de pago anterior no caso de que optes agora por completar o pagamento.
Toda a información sobre as oposicións en:
Corpo de mestres. Ligazón
Corpos de secundaria. Ligazón