Convocada reunión por parte da Consellaría para dar conta da campaña de vacinación
Catro días despois de que pedíramos explicacións pola improvisación e falta de coherencia
A reunión será o martes 27 de abril de 2021, ás 13:00 horas e a CIG-Ensino pedirá tal e como fixo o 19 de abril que se rectifique na decisión adoptada de suspender a vacinación do persoal dos centros educativos derivándoos ao seu grupo etario.
A CIG-Ensino nunca entrou en ningún tipo de carreira competitiva para que un colectivo fose vacinado antes que outro e mesmo se mostrou moi crítica cun claro nesgo discriminatorio á hora de ordenar colectivos esenciais pero a decisión tomada por Sanidade de suspender a vacinación unha vez adoptado un criterio non ten senso algún, o lóxico e normal é rematar o que se comezou e vacinar a todo o persoal que traballa nos centros docentes.
Recordaremos ás Consellarías que o colectivo universitario quedou totalmente relegado, tanto o profesorado como o alumnado que fai prácticas nos centros educativos
Tamén denunciaremos graves carencias en centros de atención á diversidade.