A CIG-Ensino e a AS-PG poñen en aberto as XXX Xornadas de lingua e literatura
Tiveron lugar a pasada fin de semana e desenvolvéronse mediante videoconferencia
A XXX edición das Xornadas de lingua e literatura daban comezo ás 9.45 da mañá do sábado 24 de abril coa presentación que levou a cabo Ana Rodiño, secretaria de Formación da CIG Ensino.
Ana Pérez Rico, membro da AS-PG, presentou a que foi unha das conferencias máis emocionantes da mañá, a de Eva Veiga, a quen de novo lle agradecemos o esforzo feito para estar con nós nestas Xornadas de lingua e literatura.
A quenda de mañá pechouna un coloquio moderado por Marta Dacosta e no que interviron Olga Novo e Alba Cid, recentemente galardoadas cos Premios Nacionais de Poesía. A conversa centrouse na poesía feminina galega actual.
Xa pola tarde, Pilar Ponte, a Profa, foi a primeira en intervir, cun relatorio sobre programacións e unidades didácticas destinado ao persoal opositor.
A continuación, Noemí García, Alfonso Salgado e Alba María, descubríronnos a súa innovadora práctica docente coa que levan as aulas de galego a outro nivel.
Tamén tiveron oco nestas xornadas os representantes de PuntoGal, que presentaron una iniciativa moi interesante:
As XXX Xornadas de lingua e literatura foron clausuradas por Xoán Costa, presidente de Nós Diario, que nos explicou a traxectoria do xornal durante o seu primeiro ano e a súa situación actual.