4017 resultados

A Mesa docente estatal reuniuse para tratar cambios nos prazos de participación no CXT de docentes afectados pola DINA
Na reunión a CIG-Ensino amosou a súa solidariedade e todo o apoio para que ningún docente afectado pola traxedia poida ver limitados os seus dereitos de participación no concurso estatal

Información da mesa sectorial da Orde do Concurso de traslados de Orientación de Primaria
Mesa celebrada o 12 de novembro

Após catro meses de parálise Educación aínda non convocou a primeira reunión de traballo sobre o Plan de igualdade
A CIG-Ensino urxe á Consellaría a que se poña en marcha efectiva a comisión negociadora dado que xa transcorreu un terzo do tempo legal estabelecido e non se facilitaron datos relevantes nin se convocou para a súa avaliación.

Unha sentenza pioneira gañada pola CIG-Ensino recoñece o dereito a indemnización por cese dun docente interino
A sentenza implica un cambio ao respecto de resolucións xudiciais previas e estima totalmente a demanda defendida polos servizos xurídicos do sindicato

Mudemos de rumbo. O galego ten futuro
Convocatoria Nacional pola Lingua: domingo, 17 de novembro, ás 12:00 horas. Praza da Quintana. Compostela

A CIG solidarízase coas vítimas da DINA e apoia a manifestación promovida pola Intersindical Valenciana e outras organizacións sociais para esixir a dimisión de Mazón
A central nacionalista aprobou destinar unha partida económica para a súa xestión pola Intersindical Valenciana para axudar as persoas afectadas así como outra para a poboación cubana de Guantánamo que vén de sufrir as consecuencias do furacán Óscar.

Román Rodríguez mentiu: nunca houbo un estudo que xustificase que se “salvaron” 204 aulas neste curso
A Consellaría confirma nunha resposta a unha solicitude da CIG-Ensino que só se pode falar de estimación e que nunca existiu un documento coa relación detallada de centros

A CIG Ensino pon ao teu dispor novo material didáctico para traballar o 25N
O material está dirixido aos niveis de infantil, primaria e secundaria

A CIG exixe garantías a MUFACE na atención ás persoas mutualistas e beneficiarias
Na reunión extraordinaria do Consello Xeral de MUFACE a entidade non achegou máis información que a confirmación de que haberá un novo concurso
A Dirección Xeral de FP convoca os grupos de traballo para continuar coa reforma de FP sen negociar previamente nada na Mesa Sectorial
A Consellaría, sen achegar ningunha información, dá de prazo apenas unha semana aos grupos de traballo para que entreguen a distribución horaria dos módulos de segundo coa intención de elaborar a normativa de costas ao profesorado e á súa representación

O persoal da Escola municipal de Música da Coruña continúa en loita pola xestión directa
“Hoxe estamos aquí para o Concello non se esqueza de nós. Sabemos que os cambios van lentos pero só pedimos que se respecte o que se nos comprometeu”, aseverou a delegada do persoal

Publicada a convocatoria do Concurso Xeral de Traslados
Prazo de participación: do 5 ao 26 de novembro

Nova xornada de protesta na Escola de Música da Coruña en demanda da xestión directa
Nesta ocasión, a protesta desenvolveuse diante da propia da escola (situada na rúa da Torre, 67) tras o remate do horario lectivo
páxina 10 de 309