Publicada a resolución provisional do CADP para o curso 2025/26

O prazo de reclamacións e renuncias será o 28 e 29 de xullo

Resolución da adxudicación provisional

Resolución. Ligazón

Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética). Ligazón

Adxudicación provisional Mestres (Orde adxudicación). Ligazón

Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Alfabética). Ligazón

Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde adxudicación). Ligazón

Reclamacións e renuncias

RECLAMACIÓNS

  • Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria

As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED002B) e deberá proceder do seguinte xeito:

1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.

2º Localice o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.

AVISO: no caso de que se lle recuperara a súa solicitude de convocatorias anteriores ou non finalizase correctamente a presentación en sede e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións. Neste caso no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RECLAMACIÓN CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.

4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.

AVISO: o trámite activarase o luns día 28 de xullo de 2025.

 RENUNCIAS

  • Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria

A) Persoal interino e substituto

As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Só poderá empregar esta opción o persoal funcionario interino.

Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:

1º Acceda á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital segundo corresponda.

2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)

3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.

Se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun ficheiro comprimido e engadir éste na aplicación informática.

Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico.

Correos electrónicos:

persoal.primaria@edu.xunta.gal: para corpos de mestres

persoal.secundaria@edu.xunta.galpara corpos de secundaria e outros

B) Outros colectivos

Deberá empregar o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria só para aqueles colectivos con destino definitivo (persoal docente de Conservatorio, de EOI ou de Agraria) e proceder do seguinte xeito:

1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.

2º Cubra o formulario de solicitude xenérica PR004, no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RENUNCIA CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

3º Asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.

4º Descargue o recibo electrónico de presentación.

No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación), e querer renunciar a ambas, deberá presentar unha renuncia para cada unha delas. De renunciar só a unha delas, esta non poderá ser a solicitude formulada pola modalidade ordinaria no caso de persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teñan destino definitivo.

AVISO: o trámite activarase o luns día 28 de xullo de 2025

 

Toda a información sobre o CADP do corpo de mestras. Ligazón
Toda a información sobre o CADP dos restantes corpos. Ligazón

A adxudicación definitiva está prevista para o 1 de agosto

Volver