Aprobado o calendario de aplicación da Lei de Ensinanzas Artísticas (LEA)
Onte, 8 de xullo, aprobouse en consello de ministros o RD co calendario de aplicación da LEA (Lei de Ensinanzas Artísticas) e hoxe pubícase no BOE
O texto foi previamente debatido na Mesa Docente do Ministerio, na que a CIG-Ensino puxo en evidencia a excesiva demora en cumprir determinados temas apuntados na Lei, como son os procesos de integración nos novos corpos de profesorado e cátedras, tanto das ensinanzas artísticas superiores como das profesionais.
Real Decreto 611/2025, do 8 de xullo, polo que se establece o calendario de implantación da Lei 1/2024, do 7 de xuño, pola que se regulan os ensinos artísticos superiores e se establece a organización e equivalencias dos ensinos artísticos profesionais. Ligazón
O RD non incorpora ningunha novidade e así e como quedan as principais cuestións a abordar para desenvolver a Lei.
2025
- Aprobación do calendario de aplicación
- Até xullo de 2025: composición e funcións do Consello Superior de Ensinanzas Artísticas. Xa negociado na Mesa Docente, onde acadamos o compromiso do Ministerio de que a CIG estea presente como sindicato máis representativo en Galiza.
2026
- Até maio de 2026: aprobación dos primeiros títulos de grao medio e de grao superior vinculados co Catálogo Nacional de Estándares de Competencias Profesionais.
- Até outubro de 2026:
- creación do Rexistro Estatal de Ensinanzas Artísticas Superiores.
- regulación da estrutura e a organización das ensinanzas de grao e máster
- aprobación do plan de estudos do máster habilitante para o exercicio docente nas ensinanzas artísticas superiores
- regulación dos requisitos para a designación de profesorado emérito.
2027
- Até abril de 2027: regulación dos requisitos e procedementos para a expedición dos títulos de grado e máster.
- Até outubro de 2027: aprobación do contido básico dos títulos de grao; das condicións básicas para a creación ou autorización dos centros e do estatuto básico do estudantado das Ensinanzas Artísticas Superiores.
- Até xuño de 2027: ordenación da función pública docente e do proceso de integración do profesorado dos corpos para extinguir nos novos corpos:
- Ensinanzas Artísticas Superiores: corpo de cátedras e de profesorado de EEAA superiores
- Ensinanzas Artísticas Profesionais: corpo de cátedras e de profesorado de EEAA profesionais.

