
A CIG-Ensino apoia as demandas da comunidade educativa do CEIP Nicolás del Río: máis profesorado e non ás aulas masificadas
O sábado 19 de xullo, ás 20h, tivo lugar unha manifestación pola vila

No CEIP Nicolás del Río de Cedeira, único centro da localidade, a pesar de que o número de alumnos e alumnas matriculados en 6º de Primaria supera os 50, a XUNTA DE GALICIA decidiu NON incrementar o número de grupos, mantendo só dous. Esta decisión, claramente arbitraria, contravén a norma que establece a creación de tres grupos cando se supera esta ratio e o centro conta con espazo suficiente para esa nova aula.

O desdobre dos sextos conleva unha praza máis no centro de Educación Primaria e a incorporación da terceira praza de inglés, mais a Consellería pretende suplir isto coa dotación só dunha persoa ao abeiro do Plan Mega .
Estamos máis unha vez ante un ataque frontal á escola pública, rural e de calidade. Unha escola que debería ser sostida, reforzada e respectada pola Administración, pero que é, curso tras curso, desprezada e ignorada .
A Comunidade Educativa no seu conxunto seguirá presionando á Admistración para reverter esta situación.