A CIG-Ensino felicita e mostra o seu apoio á dirección do IES Valadares

A dirección presentou a dimisión polo recorte de profesorado no IES nunha mostra de dignidade e loita polo ensino público de calidade

Nun IES no que a realidade das aulas acaba con toda a publicidade e mentiras da Consellaría do goberno do PP a dirección do IES Valadares dá un paso adiante e presenta a súa dimisión.

Dimisión totalmente xustificada nun escrito que acaban de facer público e que podedes ler na seguinte ligazón

Desde a CIG-Ensino ademais de apoiar e felicitar á dirección do IES esiximos da Consellaría que dote aos centros, e nomeadamente ao IES Valadares, dos recursos persoais necesarios para poder impartir un ensino de calidade.

O sindicato está recollendo todas as necesidades non cubertas nos centros educativos para esixir da Consellaría que se cubran.

Volver