4018 resultados

Publicada a resolución definitiva do CADP
A toma de posesión será o 1 de setembro nos centros adxudicados

Persoal do CAPD Souto de Leixa mobilízase contra o despedimento de tres traballadores/as
Traballadoras e traballadores do Centro de Atención á Discapacidade Souto de Leixa (Ferrol) realizaron unha concentración na mañá deste luns

Unha sentenza do TSXG gañada pola CIG obriga á UDC a devolver o desconto da cota patronal ao persoal investigador Margarita Salas e María Zambrano
Unha sentenza do TSXG gañada pola CIG obriga á UDC a devolver o desconto da cota patronal ao persoal investigador Margarita Salas e María Zambrano

Publicada a resolución provisional do CADP
O prazo de reclamación e renuncias será o 27 e 28 de xullo

Escurantismo e tendencia a un incremento importante dos recortes no ensino público: así actúa a Consellaría de Educación
A escasos días de que se produza a adxudicación de destinos provisionais, Educación limita a información sobre supresións de profesorado e peche de aulas e a pouca que se coñece apunta na única dirección que coñece a Xunta: reducir postos de traballo

A demanda de ciclos medios de FP presenciais triplica a oferta de prazas que se ofertan en Galiza entre centros públicos e concertados e a dos ciclos superiores cuadriplícaa
A comparativa feita pola CIG-Ensino entre a oferta da Consellaría e os resultados da admisión revela que onde existe un maior desaxuste é nos ciclos ordinarios con 80.897 solicitudes para só 25.595 prazas

A Consellaría usa subvencións europeas para cubrir parte do salario de profesorado fixo dos centros
Este recurso a fondos europeos tamén afecta a profesorado de FP

Seguimento total na folga dos centros de menores xestionados pola Fundación Camiña Social
A CIG-Ensino agarda que a entidade tome boa nota da resposta dada hoxe polo persoal, cese no seu inmobilismo e se aveña a atender as lexítimas demandas das e dos traballadores

A CIG demanda á Xunta a aplicación xeral do permiso de 22 semanas por nacemento para o outro proxenitor tras a sentenza gañada polo sindicato
O sindicato maioritario na Xunta vén de remitirlle un escrito á Dirección Xeral de Persoal da Consellaría e a Función Pública para que apliquen a sentenza xa a todas as empregadas e empregados públicos, incluído o profesorado

Convenio de Educación Infantil 0-3: as patronais porfían no inmobilismo na negociación nunha clara provocación cara o persoal
A CIG-Ensino rexeita a nova proposta das patronais na mesa negociadora do 7 de xullo ao ser aínda peor que as anteriores, nun claro acto de prepotencia e autoritarismo da patronal

Modificacións e novos permisos no sector público
Os cambios no EBEP, que se teñen que trasladar posteriormente á Lei 2/2015 de emprego público de Galiza, xa son efectivos

Información da reunión coa Consellaría para informar sobre os efectos do RD 5/2023 nos procesos selectivos no ensino público
A reunión foi solicitada pola CIG-Ensino en canto tivemos coñecemento da incorporación dun artigo na lei que habilitaba a posibilidade dun “novo” concurso de méritos para as administración que non tivesen cumprido coa Lei 20/2021
páxina 33 de 310