resultados

Increméntase a precarización do persoal interino e substituto coa oferta de 273 vacantes a media xornada, a maioría dos Plan MEGA e Proa+
A día de hoxe, 4 de setembro, na páxina da Consellaría hai máis de 1.300 vacantes sen cubrir

A CIG-Ensino convoca manifestación o 13 e folga o 25 de setembro como inicio dun curso de mobilizacións contra a política de recortes e a propaganda da Xunta
O sindicato maioritario recolle o fondo malestar do profesorado galego que conta coas peores condicións laborais no contexto educativo máis complexo das últimas décadas nunha campaña de loita na que apela á Consellaría a Rectificar, Recuperar e Recoñecer
A Xunta recorta até no que non lle custa nada, agora limitando as licenzas por formación non retribuídas
Despois de eliminar as licenzas por formación retribuídas o curso pasado, que levaban existindo máis de 3 décadas en distintos formatos, hoxe vén de limitar que 23 docentes se formen sen cobrar malia que esta foi unha das medidas do "Pacto de Melloras"
A loita como principal eixe do sindicalismo nacionalista no ensino 50 anos despois
A CIG-Ensino publica o documental Facermos parte que recolle os acontecementos máis destacados desde a fundación da Unión de Traballadores/as do Ensino de Galiza (UTEG) en 1974 até o curso que vén de rematar.

A CIG-Ensino rexeita a segunda proposta de borrador da xubilación parcial anticipada no ensino concertado
A segunda proposta de borrador foi entregada ao comezo da Mesa Tripartita sen ser aceptada nin unha soa emenda de todas as presentadas.

A CIG denuncia que a ampliación do permiso por nacemento, adopción e acollemento deixa fóra as traballadoras da Xunta
Interpelada a administración autonómica por parte do sindicato aseguran que aínda non está definido como se aplicará, mais todo apunta a que a modificación estatal non supoña ningunha mellora real para as mulleres. A CIG pedirá 3 semanais máis retribuídas

Publicada a resolución definitiva do CADP para o curso 2025/26
Publicadas tamén as instrucións da toma de posesión para todos os corpos con data 1 de setembro de 2025

As demandas xudiciais da CIG-Ensino obrigan á Consellaría a ofertar no CADP prazas do Plan Mega como interinidades
A rectificación prodúcese despois de que haxa data de xuízo para algunha das demandas nas que se reclamaba o cobro do verán por parte de persoal nomeado para cubrir necesidades estruturais dos centros e que foi cesado a 30 de xuño

A eliminación de Raogal en pleno verán supón un novo recorte na atención ao alumnado máis vulnerábel
A Consellaría comunicou a 30 de xullo ao profesorado que formaba parte das Unidades de Acompañamento e Orientación persoal e familiar a fin dun servizo que nos catro últimos cursos atendeu a miles de estudantes e as súas familias.

A CIG-Ensino, a única organización que defendeu a constitución dun Marco Galego de Relacións Laborais
A primeira xuntanza de sindicatos e patronais maioritarias do sector da discapacidade no Consello Galego de Relacións Laborais rematou coa sinatura dun manifesto reivindicativo conxunto para trasladarlle á Consellaría de Política Social.

A CIG exixe o mantemento da oficina de MUFACE en Compostela
Mutualistas concentráronse esta mañá para protestar polo peche definitivo a partir do día 4, como avanzou o goberno do Estado, e a obriga de dirixirse á Coruña para realizar calquera trámite presencial.

O goberno do Estado anunciou onte o peche definitivo da oficina de MUFACE en Compostela o 4 de agosto
A CIG convoca unha concentración diante da entidade para o martes 29 ás 11:30 horas á que chama a participar a todas as persoas mutualistas

Publicada a resolución provisional do CADP para o curso 2025/26
O prazo de reclamacións e renuncias será o 28 e 29 de xullo
páxina 1 de 316
< | Setembro 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |