Revisións Médicas

Campaña de vixilancia da saúde 2024/2025

A Campaña dou comezo hoxe, 27 de setembro de 2024

Ligazón inscrición

Prazos de inscrición

Persoal nomeado antes do 27 de setembro

Desde o 27 de setembro até o 16 de outubro.

Persoal nomeado o 27 de setembro ou despois

Do 1 ao 20 do mes seguinte da súa toma de posesión.

Persoal substituto

Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2024, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.

Abril 2012. A CIG-Ensino presenta unha demanda contra a Consellaría de Educación no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por non ofrecer recoñecemento médico a máis de 30.000 docentes. A Consellaría segue a negar este dereito ao profesorado malia a recomendación feita polo Valedor do Pobo en resposta a unha queixa presentada pola CIG-Ensino.

Xuño 2012. O tribunal Superior de Xustiza de Galiza falla a favor da CIG-Ensino e obriga á Consellaría de Educación a ofrecer recoñecemento médico periódico ao profesorado. A Consellaría recorre a sentenza.

Maio 2013. O tribunal Supremo en sentenza firme volve fallar a favor da CIG-Ensino e obriga á Consellaría a ofertar revisións médicas anuais ao profesorado.

2014. Comézase, de forma deficiente, coas revisións médicas.

2023. A CIG-Ensino logra que a administración obrigue a empresa que realiza as revisións de saúde a ter toda a documentación na nosa lingua.

Na actualidade seguimos a demandar que as revisións de saúde do profesorado melloren e se realicen no SERGAS e non nunha empresa privada.

Breve historia da consecución das Revisións Médicas en CIG-Informas

Resolución

Ligazón

Instrucións

Ligazón

Dúbidas frecuentes

Ligazón


Ligazón á páxina informativa da Consellaría

 Ligazón ao Servizo de prevención de riscos laborais

Volver

Novas relacionadas