resultados

A Área Pública da CIG volverase mobilizar en rexeitamento á reforma do EBEP
O mércores 21, coincidindo coa votación no Congreso da convalidación do RDL 14/2021

Información da mesa sectorial: transformación e peches de centros así como vario das oposicións
Negociada a orde de adscrición de profesorado afectado pola transformación de IES en CIFP e peche de colexios

Consúmase o pacto de Feijóo con Abanca para regalarlle unha universidade privada
O Parlamento galego vén de aprobar a lei que permitirá a creación da primeira universidade privada con sede en Galiza. Foi cos votos en solitario do PP, convertido máis que nunca en brazo político do poder económico creado ao redor de Escotet e Abanca

Información da mesa sectorial sobre o Protocolo para o curso 2021/22
Hoxe tivo lugar a mesa sobre o Protocolo que se aplicará no vindeiro curso

Carreira da Consellaría para elevar ao máximo o peche de aulas e a redución de docentes en Infantil e Primaria
Como vén denunciando a CIG-Ensino, Educación está a premer o acelerador para pechar aulas e colexios neste mes de xullo, provocando un elevado número de supresións de mestres e mestras

Convocada Mesa Sectorial para tratar o o Protocolo para o curso 2021/22 que vén de facer público a Consellaría
As liñas xerais do documento foron adiantadas polo conselleiro nunha comparecencia no Consello Escolar de Galiza

Mesa Docente Estatal: CIG-Ensino considera insuficientes os avances na solución ao problema do profesorado técnico de FP
Rexeita a privatización que implica a conversión de toda a FP en dual, cun papel desproporcionado das empresas

Desbloqueadas e asinadas as táboas salariais 2020 e 2021 de Ed. Infantil 0-3 para adaptalas ao SMI “tarde, mal e arrastro”, pois non se acadou o pretendido diferencial salarial para as educadoras/es
A Mesa Estatal Negociadora de infantil 0-3 queda unha vez máis en cuestión ante a falta de negociación, ao asinarse un “acordo miserento” polas OO.SS estatais, cinco meses despois e case nos mesmos termos do acordo no SIMA promovido pola CIG-Ensino

Información de interese sobre o CADP
Publicadas as listas de persoal docente obrigado a participar e as resolucións de non participación para persoal interino

A CIG non asina o novo acordo de estabilización pactado entre sindicatos estatais e o Ministerio de Función Pública
O texto aprobado na Mesa Xeral reincide nos mesmos erros do pasado, non dá solución ao problema do abuso da temporalidade e blinda novamente a taxa de reposición de efectivos

Prevista unha corrección de erros na convocatoria do CADP
A CIG-Ensino solicitou á Consellaría que se revisasen os centros que se poden solicitar no CADP para o curso 2021/22 e que neste momento está co prazo aberto de solicitudes.

Publicada a resolución provisional de admitidos e excluídos nas comisións de conciliación familiar e de saúde
O prazo de reclamacións comeza o día 5 de xullo e remata o 9 de xullo, ambos incluídos

Continúan as mobilizacións da CIG-Ensino contra os recortes de profesorado previstos pola Xunta
O sindicato denuncia novamente a total ausencia de interlocución coa Consellaría de cara ás medidas a adoptar no curso 2021/22
páxina 67 de 309