Atención preferente. O traballo dos centros e da CIG-Ensino volve dar resultados

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 16 até o 23 de maio, ambos incluídos

Conseguidas 18 prazas de atención preferente a maiores das ofertadas pola Consellaría nun primeiro momento.

A CIG Ensino como vén sendo habitual realizou un traballo xunto cos centros educativos do País que dou lugar a que reclamáramos 12 novas prazas de atención preferente en escrito presentado á Consellaría posteriormente á mesa sectorial, destas 12 prazas a Consellaría oferta 8 dentro das 18 novas prazas que engadiu desde a súa presentación na mesa sectorial.

Seguimos esixindo que esta convocatoria, da que non é partidaria a CIG Ensino xa que entendemos que o o que hai que facer é potenciar os postos de traballo de atención á diversidade de carácter fixo, veña moito antes á mesa e que os centros teñan coñecemento da posibilidade de solicitar estas prazas e de como facelo.

Para a CIG-Ensino ten difícil explicación que haxa centros de educación especial que sigan sen ter o persoal necesario e se teñan que dotar ao través deste concurso.

Tamén e preciso coñecer a forma de reparto das prazas e criterios das inspeccións, xa que non existe un criterio homoxéneo por parte das inspeccións, dándose casos onde as inspeccións seguen a negar a posibilidade de acceder a estas prazas para o alumnado de educación infantil.

Podedes acceder a toda a información sobre o concurso de méritos para cubrir as prazas de atención preferente na seguinte ligazón da páxina da CIG-Ensino.

Volver