Información da mesa sectorial do currículo de secundaria, ámbitos dos GBFP e bacharelato

A mesa sectorial desenvolveuse o mércores 25 de maio

Toda a información da  mesa sectorial do currículo de secundaria, ámbitos dos GBFP e bacharelato, así como as cuestións previas presentadas pola CIG-Ensino.

Os novos currículos implican menos autonomía para os centros, discriminan a nosa lingua e cultura e incrementan a burocracia.

Currículos da ESO, Bacharelato e ámbitos dos graos básicos de Formación Profesional (GBFP).

O deseño curricular implantado pola LOMLOE, desenvolvido pola Consellaría mediante os novos decretos, non implica ningunha mellora substancial e demostra que a administración educativa galega prefire non exercer as súas competencias cando isto implica achegar un perfil propio á oferta educativa nos centros galegos. Porén, non ten reparos en manter a política de desgaste e derrubo contra o noso idioma ou en procurar diferenciacións artificiais e innecesarias co Ministerio de Educación por cuestións estritamente partidarias. Ao tempo reforza a burocracia, coa implantación dunha ferramenta informática de programacións que vai incrementar dun xeito importante o traballo administrativo do profesorado, en detrimento da nosa función docente.

Ligazón a toda a información sobre a negociación dos currículos na mesa sectorial

Ligazón ao CIG-Informa sobre a negociación dos currículos na mesa sectorial

 
Currículo secundaria

Borrador do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galiza. Ligazón

Borrador do Decreto polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e ciencias sociais e do ámbito de Ciencias aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galiza. Ligazón

Currículo bacharelato

Borrador do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galiza. Ligazón

Achegamos o anteproxecto do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia cos Anexos nos que se desenvolve o currículo da cada unha das materias. 

Dende a CIG-Ensino abrimos un prazo até o mércores día 1 de xuño, para recibir todas a achegas que queirades facernos (galiza@cig-ensino.gal) a fin de emendar o anteproxecto, que se debaterá proximamente no Pleno do Consello Escolar de Galiza.

Cuestións varias presentadas pola CIG-Ensino

CIG-Informa coas cuestións varias presentadas pola CIG-Ensino.

Licenzas por estudos e ordes de comisións para asesorías, etc. Cales van publicar e cando? 

Hai que ter en conta o novo calendario de adxudicacións de destinos. Debe estar todo adxudicado no mes de xullo. 

Contestan dicindo que a planificación está en mans da dirección xeral de persoal.

Regulamentos Orgánicos de Centro

Informan que están priorizando outros temas como son os currículos e que contan con poder ter uns borradores en breve; en ningún caso para aplicar no curso que vén. Desde a CIG-Ensino demandamos que, dada a relevancia deste tema, exista un calendario amplo de negociación e que esta se faga a partir de comezos de curso.

Traballo do profesorado coordinador de bibliotecas escolares

Volvemos insistir na crítica expresada na última Mesa e sumámonos a un escrito que está a difundir o profesorado afectado, manifestando o noso rexeitamento á situación xerada e pretendida pola implantación da aplicación de xestión de bibliotecas Koha. Solicitamos novamente á Consellaría que asuma medidas como:

  • Redución horaria lectiva considerábel e suficiente ao profesorado coordinador e membros dos equipos de bibliotecas.
  • constitución de grupos de traballo e plans de formación nos propios centros cun número xusto e racional de horas de formación.
  • Dotación de todos os medios dispoñíbeis. 

A Consellaría pode e debe regular os cambios necesarios, tanto para estas funcións como para outras de coordinación e desenvolvemento de plans mediante unha orde previa aos cambios que se poidan facer nos ROC.

Como vén sendo habitual, a escusa para facer cambios en todo o que ten a ver co recoñecemento de funcións e tarefas non o van tocar antes de mudar os ROC.

Alumnado de altas capacidades

Pola información que nós temos non é casualidade que nas últimas convocatorias de prazas de atención preferente non se conceda ningunha destinada a alumnado de altas capacidades. Nos últimos 5 anos soamente se concederon 3 prazas. Nesta última convocatoria publicada chega a desaparecer, e polo tanto non convocarse, unha praza de altas capacidades que si aparecía no borrador. Esta tendencia dos últimos anos parece responder a un cambio de criterio da administración no que se refire ao traballo con este alumnado. Queremos confirmar que realmente isto é así e hai un cambio de criterio e de confirmarse cales son as medidas alternativas para os centros que ten escolarizado alumnado con altas capacidades e non se lle concede profesorado de apoio.

Afirman que non hai ningún cambio de criterio por parte da Consellaría e aseguran ignorar por que se eliminou a praza nesta convocatoria e que pode ser unha cuestión de persoal, sen dar máis explicacións.  

Volver