Máis de 500 escolares celebraron o Correlingua 2022 en Tomiño
Fran Rei presentou a festa e fixo a lectura do manifesto
O grupo Mekánika Rolling Band amenizou a xornada desta edición do Correlingua na Praza do Seixo da vila de Tomiño. O alumnado dos centros escolares da contorna xuntouse para compartir a partir das doce de mañá o dereito a crecer e usar o galego.
Os centros educativos participantes foron o CEIP Rebordáns e o IES San Paio de Tui, o IES Terro de Turonio de Gondomar, o CPI Manuel Suárez Marquiel de O Rosal e o CEIP de Barrantes de Tomiño.
PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA
O venres 27 de maio ás 11:30 no Auditorio Municipal de Cangas. Actuará Pablo Díaz e o acto será presentado por Fran Rei.