Información da mesa sectorial: nova addenda ao acordo do persoal interino, CADP e prazas de convenios e programas

Celebrada o mércores 1 de xuño

Modificación Orde do CADP

Orde do ...... de ............... de 2022 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B). Ligazón

CIG-Informa coa información da modificación do CADP

Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Orde pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón

CIG-Informa coa información das prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Addenda persoal interino e substituto

Nova addenda ao acordo de Acceso e condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellaría de Educación. Ligazón

Novo documento remitido o 31 de maio. Ligazón

CIG-Informa coa información da nova addenda ao acordo do persoal interino e substituto

  • Disposición transitoria cuarta

    O persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoquen no ano 2022.

    Nova redacción enviada o 31 de maio
    O persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoquen no ano 2022 para os únicos efectos da permanencia nas listas de interinidades e substitucións

Cuestións varias presentadas na mesa sectorial pola CIG-Ensino

CIG-Informa das cuestións varias presentadas pola CIG-Ensino na mesa sectorial.

Pago complemento de cátedras. Efectividade do pago de trienios e sexenios conforme ao recoñecemento dos períodos de vacacións non gozadas. Prazas orientación de primaria. Datas da oposición. Permiso por hospitalización. Modificación do permiso de hospitalización para recoller a sentenza que aclara que non se pode reducir o tempo aínda que haxa alta hospitalaria. Xurisprudencia sobre defectos de forma na presentación das programacións didácticas nas oposicións. Prazas nos Equipos de Orientación Específicos. Licenzas por formación e ordes de comisións para asesorías, etc. . Traballo nas bibliotecas escolares co cambio ao sistema KOHA. Prazas de PIALE e exención de formar parte dos tribunais. Cátedras CMUS. Concurso de méritos excepcional.

Volver