As crianzas de Carballo desfrutaron co Correlingua 2022

Fran Rei presentou e Mekánica Rolling Band amenizou o festexo

O público vibrou desde a presentación de Fran Rei e berrou a prol do galego coa actuación de Mekánika Rolling Band no Auditorio Municipal de Carballo.

Os centros educativos participantes foron o IES Agra de Leborís de A Laracha xunto co CEIP A Cristina e o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo, sumando un total de case 300 alumnas e alumnos coa presenza dos seus docentes.

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

O xoves 19 de maio ás 12:00 no Auditorio Municipal de Vigo. Actuará Zëndar e o acto será presentado por Fran Rei. A emisión será emitida en directo pola canle de You Tube.

Volver