Vigo maniféstase contra os recortes no ensino público

Resposta masiva na mobilización convocada por FOANPAS e ADICOPUVI e apoiada pola CIG-Ensino contra os recortes no ensino e a falta de recursos que padecen os centros públicos da cidade

O persoal da escola municipal de música da Coruña segue a reclamar a xestión directa ao berro de “A música é a nosa loita”

O vindeiro martes 22 de outubro, o persoal reunirase co concelleiro de Cultura para abordar a situación da EMM e o previsíbel novo convenio co Consorcio

Apertura de listas de substitución

A apertura prodúcese despois de que a CIG-Ensino reiterase, na mesa sectorial que tivo lugar o 15 de outubro, a necesidade da apertura de listaxes de substitución

A Plataforma Galega en defensa do ensino público chama a toda a comunidade educativa a manifestarse contra os recortes o próximo 26 de outubro

A mobilización terá lugar en Compostela con saída ás 12 da Alameda e haberá servizo de autobuses desde distintas partes do país

A CIG-Ensino pide a retirada da convocatoria de prazas accidentais na inspección educativa

A CIG-Ensino pediu a retirada da proposta e propuxo o nomeamento para este curso do profesorado que se presentou ás oposicións e non acadou praza, ordenado por número de exames aprobados e notas

A CIG-Ensino recorre os ceses a 30 de xuño do profesorado contratado como Plan MEGA 24/25

O sindicato considera que se están a empregar indebidamente fondos destinados á inclusión educativa e que se discrimina a docentes que non substitúen a ningún titular

A Xunta xa conseguiu o seu obxectivo: o castelán é o idioma predominante en Galiza

Os datos do IGE amosan que máis da metade da poboación utiliza máis habitualmente o castelán que o galego e que entre a poboación de entre 5 e 14 anos o 32,4% non ten competencia no noso idioma, un 16% máis que hai 5 anos

Publicadas as listaxes definitivas de substitucións do persoal docente

Actualizáronse as listas de substitucións de todos os corpos docentes

A Consellaría intenta parchear os recortes de persoal a custe cero

Utiliza de forma propagandística os máis de 18 millóns de euros recibidos de fondos europeos e do Ministerio para “inventar” o Plan Mega incluíndo programas xa existentes e vendéndoo como se o financiara con cartos propios

O persoal da Escola de Música da Coruña prosegue as mobilizacións pola xestión pública directa

O persoal docente e de administración da Escola de Música continuará coas mobilizacións o próximo mércores 16 de outubro en Maria Pita

A CIG-Ensino alerta da escasa oferta de citas para a revisión médica do persoal dos centros educativos

O sindicato demándalle á Consellaría que habilite unha axenda máis ampla con carácter inmediato.

Correlingua 2025

Anímate a participar!!

A CIG-Ensino chama a participar na protesta convocada en Vigo contra os recortes no ensino público

A manifestación terá lugar o vindeiro mércores 16 de outubro ás 19:00 horas dende Vía Norte até o farol de Urzaiz

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 13 Maio 2025
Resolución definitiva do CXT de secundaria

A web da Consellaría publica a resolución definitiva do concurso de traslados do corpo de secundaria e outros.

Outros 12 Maio 2025
Vacantes definitivas do CXT

Publicadas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados do 2025.

Outros 12 Maio 2025
Corrección de erros na matrícula das oposicións

A Consellaría publica unha corrección de erros referida ás listaxes de persoal admitido e excluído do corpo de secundaria nas oposicións do 2025.

Outros 8 Maio 2025
Profesorado admitido nas oposicións

A web da Consellaría publica as listas definitivas de persoal admitido e excluído das oposicións docentes do 2025.

Outros 7 Maio 2025
Investigación no STEMBach

Publica a Consellaría a relación provisional de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2024/25.

BOE 7 Maio 2025
Estancias en centros europeos

O BOE publica a convocatoria de 120 prazas para a realización de estancias profesionais en centros educativos de Alemania, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suiza para o curso 2025/2026.