4023 resultados

Publicada a resolución definitiva do CADP de secundaria
Tamén podedes ver as instrucións da toma de posesión

Recuperación do horario lectivo, redución das ratios, mellora na atención á diversidade, regulación de afíns e estabilidade do persoal interino, principais batallas da CIG-Ensino para este curso
O sindicato lamenta a actitude da conselleira desde a súa toma de posesión, de visita en visita protocolaria nos centros, pero allea á súa realidade diaria e a calquera interlocución coa representación sindical.

Unha sentenza avala a obriga de cursar Relixión no Bacharelato para poder elixir Robótica
O xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Compostela desestimou unha demanda dunha familia que pedía a anulación da matrícula dun alumno de 1º de Bacharelato que se viu nesta situación

A Consellaría non comezará a chamar ao persoal substituto até o luns 9 de setembro
A CIG-Ensino critica os prazos cos que opera a administración e entende que os chamamentos xa se deberían estar facendo, procurando que as mestras e mestres substitutos puidesen estar nos centros con antelación ao inicio de curso

A primeira sentenza do conflito laboral do Junior´s dalle a razón á traballadora que ía ser a candidata da CIG declarando o seu despido improcedente
O xulgado do Social número 1 de Compostela ditaminou tamén que a Fundación Junior´s debe indemnizala e pagarlle toda a débeda de salarios atrasados.

Aberto o prazo para a adquisición de novas especialidades (habilitacións) no corpo de mestres
Poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades durante os meses de xuño e setembro de cada ano

Aberto o prazo para solicitar a axuda para atención a persoas con discapacidade
O prazo remata o 18 de setembro e hai que presentar a documentación na dirección dos centros educativos

CigLembra, un novo pulo á nosa canle de Telegram
Recorda que tamén nos podes seguir en twitter, facebook e instagram

A CIG-ENSINO NON ASINOU AS TÁBOAS SALARIAIS 2018 E 2019 DO VIII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINO NON REGRADO
Unha vez máis as patronais, coa complicidade das organizacións sindicais estatais, sáense coa súa e asinan unhas táboas salariais para 2018 e 2019, que non só consolidan, senón que aumentan, a perda de poder adquisitivo no sector.

As traballadoras da EI A Ceboliña logran coa súa loita a readmisión das compañeiras despedidas e que se restablezan os seus dereitos
O Goberno do Concello de Miño pon fin aos abusos e incumprimentos de Novo Alicierce ao entregar a xestión da escola a unha nova empresa.

Publicado no DOG o listado de persoal que superou o concurso oposición
Comezan a contar os 20 días hábiles para entregar a documentación citada na convocatoria

Publican no DOG as últimas modificacións do acordo do persoal interino
O texto incorpora os últimos cambios presentados pola Consellaría na Mesa Sectorial do 2 de xullo

A supresión de 42 aulas implica a eliminación de 62 postos de traballo en infantil e primaria
Os postos de traballo que se suprimen coa publicación dos cadros de persoal son un 7% máis que o curso anterior e inciden nunha perda paulatina de persoal do corpo de mestres
páxina 107 de 310
CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Páxina de solicitude
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Páxina de solicitude
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |