Información da mesa sectorial

Mércores 20 de maio e martes 26 de maio: reinicio actividade lectiva, prorroga direccións e oposicións

Mércores 20 de maio

1. Proxecto do protocolo de reinicio da actividade lectiva.

Ligazón ao documento remitido

A CIG-Ensino defende o mantemento da teledocencia até finais de curso e avoga porque sexa o criterio docente o que determine a presencialidade do alumnado nos centros educativos. Ligazón

A reincorporación de profesorado ás aulas a partir do luns significa tirar pola borda a adaptación á teledocencia e implicará un caos organizativo que a Consellaría aínda está a tempo de evitar. Ligazón

Continuación da mesa: martes 26 de maio

2. Orde prórroga direccións (incluída a petición da CIG Ensino).

Ligazón ao borrador

A CIG-Ensino defende activar a participación de claustros e consellos escolares na prórroga das direccións. Ligazón

A Consellaría segue adiante coa prórroga das direccións atendendo unha parte das nosas propostas. A CIG-Ensino defendeu activar a participación de claustros e consellos escolares. Ligazón

CIG Informa da prórroga das direccións

3. Información sobre o procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020.

A CIG-Ensino responsabiliza o Ministerio e a Consellaría de xogar con decenas de miles de opositoras ao ensino: ligazónCIG Informa da nova

4. Rogos e preguntas.

  • Cambios de libros de texto

    Consideramos un erro a decisión de impedir que, se os centros así o propoñen, non se poida adiar un ano a vixencia dos actuais libros de texto. Hai centros que se non os cambian este ano terían que estar 6 anos máis cos mesmos libros, o que vai implicar que todos os cambien. A Consellaría debería ter arbitrado unha excepcionalidade co seguinte curso escolar e permitir, sempre e cando o soliciten os centros, que se poidan manter.  Non aceptan a prórroga solicitada.

  • Prazos de convocatorias pendentes

    Reiteramos a nosa demanda de información sobre as diversas convocatorias pendentes, ao que a Consellaría da as seguintes respostas: 

    CÁTEDRAS:  Convocarase, sobre mediados de xuño.

    LICENZAS DE FORMACIÓN, PIALE, PERSOAL DO SERVIZO DE FORMACIÓN, CFR, CAFI: Non teñen información xa que dependen da DX de Educación. Tampouco saben se van recuperar as licenzas que se tiveron que suspender este curso pola pandemia.

    PRAZAS EN CENTROS DE ATENCIÓN PREFERENTE, PRAZAS EN CENTROS CON CONVENIO, PERSOAL ASESOR DA CONSELLARÍA. Non vai haber convocatoria, comunícannos que as de convenio e persoal asesor as van prorrogar a petición de parte sempre que haxa informe favorábel.

  • Substitución do profesorado

    Temos constancia de casos nos que a inspección se nega a facer o informe que é preceptivo para, neste momento, nomear substituta ou substituto, sendo as direccións as que teñen que estar insistindo en persoal para que se lles substitúa á persoa de baixa. Solicitamos se elimine a solicitude deste informe para o nomeamento do persoal substituto.

    Non podemos aceptar que profesorado con horario completo vexa acrecentado o seu horario para atender nova teledocencia. Non aceptan eliminar o informe de inspección. Anuncian a obviedade de que ao non haber oposicións van ter que abrir listas para substitucións de profesorado unha vez finalizado o curso. Esperemos que ningunha persoa que remate a súa formación neste curso quede fora da posibilidade de anotarse ás listas.

  • Escolarización de alumnado con discapacidade máis alá dos 21 anos en centros de educación especial

    Este tema xa o presentamos na 1ª comparecencia da conselleira. Até o curso anterior cando o alumnado se matriculaba nunha FP Básica se permitía que seguise no CEE máis alá dos 21 anos (existe unha discrepancia entre a norma que regula a FPB e o decreto 229/2011 de atención á diversidade). Este curso non foi así e houbo que habilitar con carácter extraordinario esta opción no CEE Terra de Ferrol. Agora temos información de que só se lle vai permitir excepcionalmente aos nacidos no ano 1999 cando o normal é regulalo permanentemente.

    Solicitamos se lle dea traslado á DX de Educación para que se revise e se xeneralice. 

  • IES de Celanova: 33 horas de aulas

    O IES de Celanova, como xa dixemos en mesas anteriores, ten 33 horas lectivas para o seu alumnado en vez das 32 preceptivas.

    Non falamos de que o alumnado estea esperando unha hora polo transporte, como desde a administración se dixo en mesas anteriores, falamos de 33 horas lectivas, hai que darlle solución pensando no curso que vén.

    Xa presentamos este mesmo tema na Mesa do  4 de febreiro deste ano  e a Dirección Xeral quedou de solventar o tema coa Xefatura Territorial e a dirección do centro. Que nos conste, non se fixo nada ao respecto desde aquela. Instamos de novo a que actúe a DX de Educación.

CIG Informa dos rogos e preguntas

Volver