CIG-Ensino defende activar a participación de claustros e consellos escolares na prórroga das direccións para o curso 2020/21

Fronte á proposta da Consellaría que deixa todo nas mans dos responsábeis políticos provinciais e da Inspección, o sindicato defende que a comunidade educativa e o profesorado do centro en particular teñan a última palabra

A CIG Ensino solicitara no seu momento, que independentemente de enviar en tempo e forma as nosas achegas (que podedes ver nesta nova) esta orde se incluíra na mesa sectorial a celebrar este mércores, finalmente a Consellaría aceptou a solicitude da CIG Ensino.

Dada a situación actual derivada da pandemia, a suspensión da actividade presencial nas aulas e a paralización do prazos administrativos, a Consellaría comunicara xa na Mesa Sectorial a intención de non continuar co concurso de méritos para a selección das direccións e promover unha prórroga das persoas que actualmente ocupan eses cargos e cuxo mandato finalizaba este ano.

Tendo en conta a situación e o apurado final de curso, desde a CIG-Ensino entendemos que se poida optar por unha prórroga extraordinaria para o nomeamento das direccións mais non estamos de acordo coa fórmula que presenta a  Consellaría, xa que deixa toda a decisión nas Xefaturas Territoriais da Consellaría, nalgúns casos previos informe da Inspección, mais sen contar coa opinión do profesorado do centro nin co papel que entendemos debe xogar o Consello Escolar.

O papel central, para o sindicato, debe recaer en todo momento, mais sobre todo no actual, no equipo docente e na comunidade educativa e non na inspección. A nosa proposta afonda na democracia interna dos centros e permite, dada a excepcionalidade, acurtar prazos e procedementos e malia que non estamos de acordo cos requisitos esixidos na actual normativa, entendemos que non corresponde neste momento reiterar esa nosa posición, que xa foi rexeitada pola Consellaría na Mesa Sectorial do pasado 12 de marzo.

A CIG-Ensino solicitou, con independencia do envío en tempo e forma das alegacións presentadas, que esta orde se incorpore na Mesa Sectorial convocada para o mércores 20 de maio na que se negociará o Protocolo para o reinicio da actividade lectiva.

As alegacións da CIG-Ensino ao texto da orde son as seguintes:

Artigo 1.  A xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aceptará poderá a renuncia á prórroga establecida no artigo 1 desta orde cando a persoa interesada alegue a obtención dun destino definitivo, con efectividade do 1 de setembro de 2020, a decisión de incorporarse nesa mesma data ao destino definitivo que tiña con anterioridade ou outras causas que se consideren xustificadas.

Artigo 2. Nova redacción.

A xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional non prorrogará o nomeamento da dirección prevista no artigo 1 desta orde cando se cumpran todas as seguinte condicións: se existe informe negativo do claustro, se se presentou algunha candidatura alternativa e esta contou coa aprobación do Consello Escolar. 

Artigo 5.  Nova redacción.

Audiencia do claustro de profesores e do consello escolar

  1. A audiencia do claustro docente para a realización das prórrogas establecidas no artigo 1 da presente orde, poderá realizarse mediante reunión por vía presencial, telemática ou simultanea en ambos formatos, sendo voluntaria a presenza física nos centros dos integrantes do claustro e coas limitacións de aforo e distanciamento físico que en cada momento dispoñan as autoridades sanitarias e a normativa correspondente da Consellaría de Educación.
  2. No caso de que desa audiencia se derive un informe negativo para a continuidade da actual directora ou director, abrirase un prazo de 5 días hábiles para que se poidan presentar candidaturas alternativas de entre profesorado do propio centro, que en todo caso deberán cumprir os requisitos do concurso de méritos para a selección da dirección.
  3. Cando existan outras candidaturas, a selección da dirección efectuarase nun consello escolar convocado ao efecto nun prazo non superior a 5 hábiles desde a presentación das candidaturas e confirmación do cumprimento dos requisitos, seguindo os criterios do apartado un deste artigo en canto a presencialidade e participación física ou a distancia. De non se presentar ningunha candidatura alternativa entenderase que decae o informe emitido.
  4. Os prazos para presentar candidaturas de entre docentes do propio centro que figuran no presente artigo así como o procedemento para seleccionar directora ou director, serán tamén de aplicación nos casos nos que a actual dirección presente renuncia a prorrogar mandato e está sexa aceptada.

 

Ligazón á información da mesa sectorial onde se tratará esta orde

Volver