4018 resultados

A CIG-Ensino concéntrase diante da Escola infantil Merlín e denuncia que os datos de matrícula ofrecidos pola empresa non xustifican eliminar case dous postos de traballo
O vindeiro mércores 12 volverá haber outra concentración en repulsa polo despedimento da traballadora que acudiu á CIG para pedir axuda ante as nóminas que lles debía a empresa e pedindo a intervención pública da escola.

Traballadoras das escolas infantís da Coruña reclámanlle ao Concello condicións laborais e salariais dignas
Critican que o Goberno municipal non atendeu as demandas para enfrontar a precariedade e mellorar a atención ás crianzas

A CIG lamenta a cesión do goberno estatal á chantaxe das entidades privadas no concurso de MUFACE
En plena licitación MUFACE modifica por segunda vez o prego do concurso para aumentar agora en 1.000 millóns de euros o que van cobrar as entidades prestatarias

A CIG-Ensino denuncia o despedimento dunha traballadora da Escola Infantil Merlín en situación de IT e insta á Xunta a intervir xa este centro por graves deficiencias e irregularidades
A empresa, que recibe este curso 190.000 euros da Consellaría de Política Social, debíalles as nóminas de novembro e decembro. O despedimento desta traballadora, afiliada e candidata da CIG nas eleccións, é unha clara represalia por denunciar os impagos.

Urxen un cambio de política lingüística no ensino para reverter a situación de emerxencia na que está o galego
As IV Xornadas de Normalización Lingüística, celebradas en Compostela, contaron cunha elevada asistencia de profesorado que participou activamente no debate entre as entidades organizadoras, a RAG, o CCG e a Xunta.

CIG-Ensino solicita á Consellaría o pago de oficio das subas salariais ao se reincorporar dunha baixa médica
O sindicato demanda da Consellaría unificar criterios nas Direccións Territoriais e evitar que o profesorado teña que reclamar nunha cuestión xudicialmente resolta

Rotas as negociacións no convenio estatal de Infantil 0-3: a solución, convenio galego xa!
Información da 18ª mesa negociadora do XIII Convenio Estatal Educación Infantil 0-3

As traballadoras da Escola infantil Merlín continúan denunciando impagamentos
A empresa adebeda nóminas unha vez máis a pesar de conseguir de novo a subvención para escolas infantís 0-3 da Xunta de Galiza

A convocatoria do Cantalingua inicia as actividades para o Correlingua de 2025
As bandas ou solistas participantes teñen ata o 20 de febreiro para presentar as súas pezas que deberán ser orixinais e en galego

A negociación do novo convenio colectivo das universidades públicas galegas arrancará en febreiro
Previamente recollerase nunha acta da Comisión Paritaria do actual convenio a adaptación derivada dos últimos cambios normativos de rango superior

Información da 17ª BIS mesa negociadora do XIII Convenio Estatal Educación Infantil 0-3
Principio de preacordo de táboas salariais con cláusula de descolgue salarial ao ditado patronal, nos termos denunciados pola CIG-Ensino, a ratificar o próximo 27 de xaneiro e que pechará o novo convenio, prorrogando o XII con simples adaptacións legais
páxina 7 de 310