A XXXVII Semana da Educación de Pontevedra en imaxes

Este sábado 20 de setembro de 2025 rematou a XXXVII Semana da Educación de Pontevedra.

Un ano máis os profesores e profesoras de ensino infantil, primario e secundario da comarca de Pontevedra participaron na XXXVII  Semana da Educación de Pontevedra que se celebrou de 17 a 20 de Setembro de 2025  organizado pola CIG-Ensino e a AS-PG.

A Cig-Ensino e a AS-PG, puxeron en marcha estas xornadas formativas para o profesorado do noso país. Cun marcado carácter práctico, nesta edición contiamos co formato de visitas pedagóxicas, pequenas viaxes en  autobús e en barco con visitas a lugares de interese, guiados por profesorado especialistapara poder descubrir  as posibilidades didácticas dos mesmos.

Estes foron os lugares escollidos para a edición do 2025:

17 Setembro

Visita por Pontevedra: As pegadas de Castelao en Pontevedra: A cidade, o museo, a vida.

18 Setembro

Visita por Vigo: Da fortaleza de O Castro ao Castelo de S Sebastián: A Muralla de Vigo

19 setembro

Visita por Vilagarcía: Ruta literaria: O xardineiro dos ingleses

20 setembro

Visita a Illa de Ons: O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: A Illa de Ons

Volver