4026 resultados
O profesorado do ensino público demanda mellores condicións laborais e un plan para afrontar a redución de ratios
Nova protesta baixo o lema #ProfesoradoFarto e dentro da campaña da CIG-Ensino demandando un cambio de rumbo da Consellaría

Bota a andar a Mesa de Universidades para negociar o Estatuto do PDI
A representación da CIG fixo especial fincapé no compromiso dun calendario e unhas condicións de negociación que non frustren as expectativas de contar cun normativa básica que sirva para mellorar a carreira profesional do persoal docente e investigador

28 de xuño, Día do Orgullo. Polos dereitos dos colectivos LGTBIQ+, nin un paso atrás
A CIG reitera o compromiso pola igualdade social, a visibilidade da diversidade e a non discriminación

Concentración o 1 de xullo na Consellaría por un cambio de rumbo na política educativa e de persoal da Consellaría
A CIG-Ensino, logo do éxito das protestas nos recreos, chama agora ao profesorado, farto do desprezo da Consellaría, a levar a protesta ás portas de San Caetano

A CIG-Ensino exíxelle á Consellaría un cálculo correcto das retribucións das bolsas na FP Dual
O sindicato denuncia que as contías na modalidade de bolsas de axuda é inferior, nalguns casos, á metade da contía do SMI regulado para o réxime laboral.

Novas do convenio colectivo estatal de centros de asistencia e educación infantil etapa 0-3
Acadada na Audiencia Nacional a adaptación salarial regulada na disposición final 5ª e na transitoria 9ª e constitución da mesa negociadora do XIII convenio
As organización sindicais CIG, CCOO e UGT péchanse na Consellaría de Educación
Reclaman a convocatoria urxente da Mesa Tripartita do Ensino concertado que leva dous anos sen convocarse. Úrxelle un Acordo de Mantemento de Emprego que evite a destrución de postos de traballo

A CIG-Ensino denuncia recortes na oferta das modalidades de Artes de Bacharelato
O sindicato exixe que se dea marcha atrás na decisión de eliminar unha das modalidades artísticas no Salnés, cando no centro existe profesorado suficiente

CIG-Ensino entrega 7.366 sinaturas demandando a integración de todo o profesorado no grupo A1
O sindicato presentou un escrito dirixido a ministra Alegría xunto coas sinaturas conseguidas en menos de mes e medio

A Consellaría rectifica as instrucións de comezo de curso nos IES, logo da denuncia da CIG-Ensino
Non haberá nin claustros nin reunións extraordinarias dos departamentos no mes de xullo, todos eles incompletos ao vetar o borrador a participación de parte dos seus integrantes

Publicada no DOG a resolución coas datas do CADP
O DOG do luns 20 de xuño publica as datas do CADP, cuxa adxudicación provisional e definitiva será común para todos os corpos
A CIG mobilízase fronte ao cada vez maior empobrecemento da clase traballadora galega
A CIG-Ensino participa na demanda de políticas públicas e salarios dignos para enfrontar a carestía da vida

O Ministerio presenta unha proposta de última hora para mudar parcialmente o baremo do concurso excepcional
A modificación proposta polo MEFP só afecta á puntuación do dominio de linguas estranxeiras
páxina 51 de 310
CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |