Rapazada de Ferrol e Vigo botaron a lingua fóra nunha nova xornada festiva e reivindicativa do Correlingua

Preto de 30 centros participaron onte e hoxe nas actividades desta actividade organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, a AS-PG e a CIG-Ensino

Catorce centros de Vigo, Nigrán e Gondomar participaron onte na carreira e na festa final no Parque de Castrelos que contou coa actuación de Mekánika e As Monchas e a presentación de Fran Rei. Pola súa banda, en Ferrol hoxe déronse cita 15 centros do propio concello de Ferrol, así como de Narón, Neda, Fene e Ortigueira. A organización dividiu a carreira en dous grupos que á súa vez tiveron dobre quenda de concerto final no Auditorio a cargo de As Monchas, nun evento presentado por Isabel Risco. 

Continúan unha semana máis os actos do Correlingua, onte con parada en Vigo coa participación dos centros: CEIP OTERO PEDRAYO - Ceip Sárdoma-Moledo - IES Politécnico - IES A Guía - Ceip Virxe do Rocío - Ceip Plurilingüe Carballal de Cabral - IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO - IES Carlos Casares - IES Castealo - Ceip Altamar - Ceip Canicouva - Ceip Ría de Vigo - EEI AS DUNAS-PANXÓN e IES Terra de Turonio e hoxe en Ferrol coa presenza de alumnado de distintas etapas educativas dos centros: CEIP A SOLAINA, CEIP ISAAC PERAL, CEIP SAN ISIDRO, CEIP OS CASAIS, CPI A XUNQUEIRA, CEIP PIÑEIROS, CRA DE NARÓN, CEIP ESTEIRO, CEIP A LAXE, CEIP MACIÑEIRA, CEE TERRA DE FERROL, CEIP JOSÉ MARÍA LAGE, CENTRO SEMENTE, CEIP CENTIEIRAS e CEIP VIRXE DO MAR.

As tradicionais carreiras volveron con forza despois do parón da pandemia e a cativada gozou como nunca dos concertos cos grupos gañadores do certame deste ano do Cantalingua. No caso de Vigo os encargados de poñer a ambientación musical foron a banda Mekánika Rolling Bang e o dúo As Monchas, mentres que en Ferrol só actuaron estes últimos.

A festa segue nos próximos días con parada en Pontevedra, Moaña e Compostela.

Volver