Publicado o baremo definitivo do concurso de méritos e a adxudicación provisional de prazas
No baremo definitivo, ao igual que no baremo provisional, non se aplican os criterios de desempate que si están aplicados na resolución provisional das persoas que resultan adxudicatarias dunha praza
Baremo definitivo
Resolución. Ligazón
Corpo de mestras. Ligazón
Restantes corpos. Ligazón
Reclamacións
Pódese interpoñer un recurso de alzada mediante o trámite activado para este efecto no procedemento normalizado código ED001B, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Prazo: 1 mes a contar desde o día 19 de maio de 2023
Adxudicación provisional de prazas
Resolución. Ligazón
Secundaria. Ligazón
EOI. Ligazón
Catedráticas de música e artes escénicas. Ligazón
Profesoras de música e artes escénicas. Ligazón
Profesoras de artes plásticas e deseño. Ligazón
Mestras de taller de artes plásticas e deseño. Ligazón
Mestras. Ligazón
Profesorado especialista en sectores singulares da FP. Ligazón
Renuncias
Prazo de renuncia: do 19 ao 23 de maio
Quen debe renunciar? Aquelas persoas que saian seleccionadas para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo.
Que acontece se non se renuncia no prazo fixado? De non facer opción, entenderase que acceden pola última especialidade en que prestaron servizos, cando sexa o caso, e, na súa falta, pola especialidade con menor código de identificación.
Quen pode renunciar? Aquelas persoas que saian seleccionadas para ingresar por máis dunha especialidade de diferentes corpos.
Procedemento de renuncia
1.-Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/
2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, a ÚLTIMA solicitude do procedemento ED001B correspondente á/s especialidad/es á/s que non desexa ingresar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar á especialidade á que desexa renunciar.
3.-Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER? Premer no trámite de “Renuncia” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade á que desexa renunciar.
4º. A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
Posteriormente formulará un correo electrónico dirixido a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo a adscrición da especialidade na que se xuntará o/s trámite/s presentado/s na sede electrónica e no asunto sinalará: renuncia coa especificación da/s especialidade/s na/s que non desexa ingresar.
Información da reunión técnica sobre a fase final do concurso excepcional de méritos. Ligazón