Habilitacións primaria
Apertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade
Prazo: entre o 1 e o 30 de xuño.
Ligazón á sede da Xunta co procedemento para o recoñecemento da nova especialidade.
Ligazón a datos persoais da Consellaría para a solicitude do recoñecemento da nova especialidade.
Requisitos para a adquisición de novas especialidades
Educación infantil
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación infantil.
Mestre especialidade de educación infantil (Real decreto 1440/1991).
Diplomado en profesorado de educación xeral básica especialidade de preescolar.
Especialidade en educación preescolar ou en pedagoxía preescolar das licenciaturas de filosofía e letras (sección ciencias da educación) ou de filosofía e ciencias da educación (sección ciencias da educación).
Educación primaria
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria.
Mestre especialidade de educación primaria (Real decreto 1440/1991).
Mestre (Real decreto 1440/1991) en calquera das súas especialidades.
Diplomado en profesorado de educación xeral básica en calquera das súas especialidades.
Mestre de primeiro ensino (Plan de estudos de 1967).
Mestre de ensino primario (Plan de estudos de 1950).
Música
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en música.
Título de graduado ou graduada no ámbito da música.
Mestre especialidade de educación musical (Real decreto 1440/1991).
Título superior de música da Lei 1/1990, do 3 de outubro, ou titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.
Licenciado en musicoloxía ou en historia e ciencia da música.
Título profesional de música da Lei orgánica 1/1990, ou da Lei orgánica 2/2006.
Educación física
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en educación física.
Título de graduado ou graduada no ámbito da actividade física e do deporte.
Mestre especialista de educación física (Real decreto 1440/1991).
Licenciado en educación física.
Diplomado en educación física.
Lingua estranxeira (francés, inglés, alemán)
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en lingua estranxeira e a acreditación do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Títulos de graduado ou graduada no ámbito dunha lingua estranxeira no idioma correspondente.
Mestre especialidade de lingua estranxeira (Real decreto 1440/1991).
Diplomado en profesorado de educación xeral básica especialidade de filoloxía.
Certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude da escola oficial de idiomas correspondente.
Licenciado en filoloxía do idioma correspondente.
Diplomado polas escolas universitarias de idiomas (tradutores e intérpretes) no idioma correspondente.
Pedagoxía terapéutica
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en pedagoxía terapéutica ou aqueloutras mencións cuxo currículo estea especificamente relacionado coa atención ao alumnado con necesidades educativas especiais.
Mestre especialidade de educación especial (Real decreto 1440/1991).
Diplomado en profesorado de educación xeral básica especialidade educación especial. Licenciado en psicopedagoxía.
Licenciado en filosofía e letras, sección de pedagoxía, subsección de educación especial, ou equiparación correspondente, de acordo co disposto na Orde do 7 de novembro de 1983 («Boletín Oficial del Estado» do 11).
Audición e linguaxe
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en audición e linguaxe.
Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de logopeda. Mestre especialidade de audición e linguaxe (Real decreto 1440/1991).
Diplomado en logopedia.
Ligazón á orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres.
Ligazón ao Real Decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación