Concentración esixindo negociacións cara o curso que vén

Mércores 8 ás 11:30 horas diante da Consellaría en Santiago de Compostela, e tamén en Viveiro, diante do CEP Lois Tobío

CIG-Ensino esixe máxima seguridade para todo o profesorado e alumnado nas probas da ABAU

O sindicato critica o silencio da Consellaría sobre a situación da Mariña e insta a aumentar as medidas de protección e a garantir o dereito de todo o estudantado

Publicadas as listaxes de Concilias

Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral para o vindeiro curso académico 2020/21

CIG-Ensino apela directamente á conselleira a que abra de inmediato a negociación da planificación para o vindeiro curso

Nestes momentos Galiza está a quedarse atrás dentro do marco estatal nun asunto que mantén en vilo a profesorado, persoal non docente a familias, e que non pode deixarse nas mans da improvisación ou de tácticas electorais.

Apertura de listaxes de substitucións

Listaxes nos corpos de Mestras, PES, PTFP, EOIs e Artes Plásticas e Deseño

Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais no 2020/2021

O prazo para presentar reclamacións é de 5 días hábiles e abrangue desde o 1 de xullo ata o 7 de xullo de 2020, ambos incluídos

Publicada no DOG a resolución coas datas do CADP

O DOG do luns 29 de xuño publica as datas do CADP.

Dispárase a incerteza entre o profesorado de cara ao curso 2020/21

O curso rematou en 2º de Bacharelato cunha presenza mínima de alumnado

Acabáronse as escusas para que a Consellaría de Educación siga sen negociar o desenvolvemento do próximo curso

Hoxe os Ministerios de Sanidade e de Educación e Formación Profesional fixeron público un documento con recomendacións en relación ás medidas de prevención e hixiene fronte ao SARSCoV-2 para os centros educativos no curso 2020-2021

Acordo de base para un novo Plan de Normalización do galego no ensino

O documento seralle remitido ás forzas políticas que se presentan ás eleccións do vindeiro 12 de xullo coa intención de impulsar o papel do galego como lingua vehicular na educación e impedir que a escola siga sendo un elemento desgaleguizador

Publicada no DOG a ORDE pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos

O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de xuño ao 14 de xullo

Máis profesorado, menos ratios, distanciamento físico, alteración de espazos e medidas de protección e hixiene, principais eixes para garantir a presencialidade no curso 2020/21

Ante o inmobilismo e a despreocupación da Consellaría cun asunto de vital importancia, o Consello Federal do sindicato aprobou un documento con propostas concretas sobre a docencia e a seguridade e saúde da comunidade educativa para o vindeiro curso.

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 6 Xuño 2025
Matrícula nas EOIs

Publica o DOG as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas no curso 2025/26.

DOG 5 Xuño 2025
Direccións da rede de CIFP

Anuncia a Consellaría a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional.

Outros 5 Xuño 2025
Programa Picasso Mob

Resolución definitiva cos centros e alumnado seleccionados para participar no programa Picasso Mob de intercambio con centros pertencentes á Région Académique Bourgogne - Franche Comté Est (Francia) durante o curso 2025/2026.

DOG 4 Xuño 2025
Competencia dixital docente

Convoca a Consellaría procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital do persoal docente.

DOG 4 Xuño 2025
Premios educativos Innovagal

Convoca a Consellaría os premios educativos Innovagal para o ano 2025.

Outros 4 Xuño 2025
Proxectos de innovación na FP

Anúncianse os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.