Publicada a adxudicación provisional do CXT dos corpos de secundaria

O prazo de reclamación e renuncias comeza mañá mércores e abrangue ata o 18 de marzo

Reforma da profesión docente: CIG-Ensino traslada ao Ministerio a súa total desconfianza sobre a dinámica de grupos de traballo

O sindicato participará nos grupos aos que sexa convocado mais considera que, sen priorizar os temas que máis preocupan ao profesorado e fixando como posíbel remate do proceso o ano 2027, non se avanza na dirección correcta

MATERIAIS para traballar nas aulas o 8 de marzo

Día Internacional das Mulleres Traballadoras

A CIG-Ensino e as traballadoras das EI municipais da Coruña logran que o Concello fixe data de reunión para negociar a solución do conflito

A noticia chegaba logo das diversas mobilizacións realizadas polas traballadoras e xusto antes da concentración que tiñan convocada para esta mesma tarde en María Pita

Oitavo día de protesta polo despedimento dunha traballadora e polas irregularidades na Escola Infantil Merlín

As mobilizacións continuarán até conseguir unha solución negociada ou até que se traspase a empresa. Este xoves o persoal da escola estará no pleno municipal e o próximo levará a cabo unha manifestación polas rúas de Bertamiráns.

Comunicado de apoio da CIG-Ensino ás delegadas do sindicato no comité de empresa da Asociación Amicos

Diante da situación de represión sindical sufrida polas compañeiras da CIG no comité de empresa de Amicos

CIG-Ensino alerta dun recorte nas bolsas de comedores por un cambio normativo no seu cálculo imposto por Educación

A CIG-Ensino faise eco das queixas de profesorado de ciclos formativos e de CIG-Autonómica polo risco de deixar de contar con persoal titulado en cociña

As mulleres da CIG mobilizaranse este 8 de Marzo en demanda de traballo, igualdade e salarios dignos

A central advirte que a fenda salarial acada o 18,4% en Galiza e que esta non se poderá reducir mentres non haxa unha valoración xusta dos traballos feminizados

O Obradoiro énchese do clamor unánime en defensa da nosa lingua

Milleiros de persoas participaron na manifestación de Queremos Galego contra a emerxencia lingüística

A CIG-Ensino conmemora o 50 aniversario do sindicalismo nacionalista no ensino como forza hexemónica mais co reto de manter a defensa firme do profesorado e do ensino público

Nesta efeméride, a central nacionalista quere render homenaxe a todas as persoas que formaron e forman parte deste proxecto e chama o profesorado a unirse ou a implicarse máis activamente para acadar melloras laborais e da calidade do ensino

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 6 Xuño 2025
Matrícula nas EOIs

Publica o DOG as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas no curso 2025/26.

DOG 5 Xuño 2025
Direccións da rede de CIFP

Anuncia a Consellaría a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional.

Outros 5 Xuño 2025
Programa Picasso Mob

Resolución definitiva cos centros e alumnado seleccionados para participar no programa Picasso Mob de intercambio con centros pertencentes á Région Académique Bourgogne - Franche Comté Est (Francia) durante o curso 2025/2026.

DOG 4 Xuño 2025
Competencia dixital docente

Convoca a Consellaría procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital do persoal docente.

DOG 4 Xuño 2025
Premios educativos Innovagal

Convoca a Consellaría os premios educativos Innovagal para o ano 2025.

Outros 4 Xuño 2025
Proxectos de innovación na FP

Anúncianse os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.