Publicada a resolución provisional do CADP de Secundaria

Reclamacións até o 3 de setembro

Instrucións para o novo curso: a Consellaría segue adiante sen contar con ninguén

Na liña do camiño encetado co protocolo, a Consellaría vén de publicar, a escasas 24 horas do inicio das vacacións do profesorado en xeral e as equipas directivas en particular, unhas instrucións que non contaron con ningún tipo de contraste e opinión

Máis dun milleiro de persoas participan nun confinamento simbólico do Protocolo Covid cunha cadea humana rodeando San Caetano

Cunha afluencia superior á concentración da pasada semana, docentes, familias e alumnado volveron pedir a retirada do Protocolo publicado pola Consellaría de Educación para o vindeiro curso escolar

Publicadas as listaxes definitivas de Saúde

Resolución das comisións de saúde

Publicada a resolución provisional do CADP de Primaria

Reclamacións: 2 días hábiles.

Confinemos o protocolo da Consellaría

Cadea humana: martes 28 de xullo ás 11:30 horas ao redor da Consellaría

A Xunta desoe o clamor docente e social e dá luz verde ao protocolo covid-19

O mesmo día no que centos de docentes e representantes de ANPAs se concentraban para mostrar o rexeitamento da comunidade educativa, a Consellaría fixo público o protocolo co que pretenden saír ao paso da crise sanitaria e educativa

Centos de docentes reclaman seguridade para garantir a presencialidade e a saúde de toda a comunidade educativa o vindeiro curso

Nunha cazolada fronte á Consellaría de Educación esixiron a retirada do Protocolo para facer fronte á Covid-19 nos centros educativos presentado para o curso 20/21

CIG-Ensino e os demais sindicatos animan aos equipos directivos a rexeitar o Protocolo Covid da Xunta e apoiarán aos que decidan dimitir

Entenden que esta medida de presión colectiva, que xa barallan algunhas direccións, sería unha contundente mostra do rexeitamento cara a pretensións da Consellaría de Educación que debería negociar un novo Protocolo para a volta ás aulas realista

Sobran as razóns para loitar contra un protocolo da Consellaría que leva ao desamparo ao persoal dos centros educativos e ao alumnado

Chamada da CIG-Ensino a participar nas concentracións con cazolada diante da sede da Xunta en San Caetano

Chamamos a toda a comunidade educativa a mobilizarse para presionar á Xunta a negociar un novo protocolo para o curso 20/21

CIG-Ensino e os outros sindicatos da Mesa Sectorial anuncian concentracións diante de Consellaría de Educación para o mércores 22 e o martes 28 deste mes e avanzan que “con este protocolo o curso non pode comezar en setembro con normalidade”.

CIG-Ensino e o resto de sindicatos retíranse da Mesa Sectorial en rexeitamento ao Protocolo da COVID para o curso 2020/21

Anuncian unha rolda de prensa conxunta para mañá venres na que explicarán a temeridade e a inviabilidade da proposta da Xunta

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 10 Xuño 2025
Oferta de FP

Publica o DOG o anuncio da actualización da oferta de FP do sistema educativo en centros públicos para o curso académico 2025/26.

DOG 10 Xuño 2025
Proxecto E-dixgal

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no proxecto E-Dixgal durante o curso 2025/26.

DOG 6 Xuño 2025
Matrícula nas EOIs

Publica o DOG as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas no curso 2025/26.

DOG 5 Xuño 2025
Direccións da rede de CIFP

Anuncia a Consellaría a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional.

Outros 5 Xuño 2025
Programa Picasso Mob

Resolución definitiva cos centros e alumnado seleccionados para participar no programa Picasso Mob de intercambio con centros pertencentes á Région Académique Bourgogne - Franche Comté Est (Francia) durante o curso 2025/2026.

DOG 4 Xuño 2025
Competencia dixital docente

Convoca a Consellaría procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital do persoal docente.