As catro organizacións sindicais con representación na mesa sectorial solicitan convocatoria urxente da mesa sectorial

Coa intención de negociar e clarificar todas as cuestións referidas ao desenvolvemento dos procesos selectivos da OPE de 2020

Dada a proximidade da celebración dos procesos selectivos de ingreso e acceso á función pública docente correspondentes á OPE do ano 2020 e a situación creada pola pandemia da COVID 19, estase a xerar unha situación de incerteza sobre como se vai a artellar a celebración do proceso e as condicións de celebración do mesmo.

Compre negociar e clarificar todas as medidas tanto sanitarias como organizativas a tomar para un correcto desenvolvemento do mesmo e que o persoal participante poida saber con suficiente tempo de antelación como se van a realizas as probas.

Polo que CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FesP-UGT solicitamos a convocatoria urxente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para negociar e clarificar todas as cuestións referidas ao desenvolvemento dos procesos selectivos da OPE de 2020.

 

Volver