A Consellaría incrementa en 360.000€ os concertos co ensino privado mediante axudas á atención educativa

O Diario Oficial de Galiza publica hoxe a Orde pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/20

Revisión médica

Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2019/2020

A Consellaría de Educación á dianteira nos recortes e á cola na restitución de dereitos ao seu persoal docente

Representantes sindicais concentráronse esta mañá e despregaron unha faixa desde o interior da Consellaría de Educación que foi rapidamente retirada pola seguridade de San Caetano.

A conselleira escóndese na inauguración do curso académico ante as demandas de recuperación do horario lectivo do profesorado

Unha delegación da CIG-Ensino concentrouse esta mañá fronte ao IES Eusebio da Garda na Coruña a onde acudiron os responsábeis políticos da Consellaría de Educación para inaugurar oficialmente o curso que hoxe comeza en secundaria

Ás demoras nas substitucións docentes denunciadas pola CIG-Ensino únense ás declaracións fóra de lugar do Xefe Territorial de Pontevedra

A Consellaría de Educación comeza o curso con falta de profesorado en diversos centros de Infantil e Primaria e no día de inicio do curso en secundaria aínda non comezaron os chamamentos

Orientación de primaria

Información importante para o persoal interino de orientación de primaria

Máis da metade das prazas adxudicadas ao profesorado de secundaria con destino provisional teñen vinculadas materias diferentes ás da propia especialidade

Ao longo da mañá tivemos coñecemento de que se produciron erros na adxudicación que van levar a que os perfís das prazas asignadas non se correspondan coa realidade dos centros.

Publicada a resolución definitiva do CADP de secundaria

Tamén podedes ver as instrucións da toma de posesión

Recuperación do horario lectivo, redución das ratios, mellora na atención á diversidade, regulación de afíns e estabilidade do persoal interino, principais batallas da CIG-Ensino para este curso

O sindicato lamenta a actitude da conselleira desde a súa toma de posesión, de visita en visita protocolaria nos centros, pero allea á súa realidade diaria e a calquera interlocución coa representación sindical.

Unha sentenza avala a obriga de cursar Relixión no Bacharelato para poder elixir Robótica

O xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Compostela desestimou unha demanda dunha familia que pedía a anulación da matrícula dun alumno de 1º de Bacharelato que se viu nesta situación

A Consellaría non comezará a chamar ao persoal substituto até o luns 9 de setembro

A CIG-Ensino critica os prazos cos que opera a administración e entende que os chamamentos xa se deberían estar facendo, procurando que as mestras e mestres substitutos puidesen estar nos centros con antelación ao inicio de curso

A primeira sentenza do conflito laboral do Junior´s dalle a razón á traballadora que ía ser a candidata da CIG declarando o seu despido improcedente

O xulgado do Social número 1 de Compostela ditaminou tamén que a Fundación Junior´s debe indemnizala e pagarlle toda a débeda de salarios atrasados.

Erro na adxudicación definitiva do CXT

⚠️ A CIG-Ensino detectou e comunicou á administración que na resolución definitiva do CXT de mestres non eliminaron o persoal que lle fora adxudicada praza no Concurso de Orientación de Primaria.

‼️ Desde a administración comunicáronnos que van analizar as posíbeis solucións e que ao longo da mañá trasladarannos a decisión tomada.

Actualización: A subdirección de Centros e Recursos Humanos da Consellaría trasládanos que son un máximo de 8 casos os detectados, que están analizando a situación e ver que medidas arbitrar.

Comisións Concilia e Saúde
Unha vez publicada no DOG a resolución definitiva do CXT de mestras hoxe día 22 de maio, mañá 23 de maio comeza o prazo para solicitar as comisións de Concilia e Saúde para todo o profesorado.
O prazo finaliza o día 5 de xuño.

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
DOG 22 Maio 2025
Concurso de traslados de mestras e mestres

Publica o DOG a resolución definitiva do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestras e mestres.

Outros 22 Maio 2025
Programa EduFrance

Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2025/2026.

DOG 21 Maio 2025
Resolución do CXT de secundaria no DOG

Publica hoxe o DOG a resolución definitiva do concurso de traslados do profesorado de secundaria, EOI, música, artes plásticas e deseño, profesorado especialista en sectores singulares da FP, mestres de taller e inspección.

DOG 21 Maio 2025
Programa CUALE

Publicada a convocatoria dirixida a centros de secundaria, CPIs, CIFPs, para a participación no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale para o curso 2025/26.

DOG 21 Maio 2025
FP plurilingüe

Anunciada a resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2025/26.

BOE 21 Maio 2025
Ciclos formativos en centros militares

O BOE publica unha actualización dos ciclos formativos de grao superior e grao medio de FP que se imparten en centros docentes militares.

BOE 20 Maio 2025
Axudas a centros educativos

O BOE anuncia a convocatoria de axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos públicos para a posta en marcha de proxectos comúns de diversas materias.

DOG 15 Maio 2025
Calendario escolar

Publica a Consellaría a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26.