
Ampliación de oficinas para solicitar Chave 365
Após a CIG-Ensino instara á Consellaría a resolver os problemas de inscricións nas oposicións docentes polo retraso para obter a chave 365
O pasado venres, 5 de xuño, a CIG Ensino instou á Consellaría a resolver os problemas de inscricións nas oposicións docentes polo retraso para obter a chave 365 e hoxe a Consellaría publica unha relación de lugares onde o persoal que se queira inscribir no proceso selectivo poderá obter a chave 365.
Relación de lugares habilitados pola Consellaría de educación para obter a chave 365:
Servizos centrais da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: pode solicitarse nas dependencias da consellería sitas no Edificio Administrativo San Caetano, mediante cita previa solicitada a través do teléfono 981544488
A Coruña: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita no Edificio Administrativo de Monelos, mediante cita previa solicitada a través do seguinte correo electrónico: persoal.coruna@edu.xunta.es
Lugo: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla, núm.70, mediante cita previa solicitada a través dos teléfonos 982 294175 ou 982 294179
Ourense: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita na Rúa Concello, núm.11, mediante cita previa solicitada a través dos teléfonos 988 386 660 ou 988 386 661
Pontevedra: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Avda. Victoria Moreno, núm.43-7º, mediante cita previa solicitada a través do teléfono 986 805941
Centros integrados de formación profesional (CIFP) desde o luns 15 de xuño:
A Coruña: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:
- CIFP Anxo Casal-Monte Alto (A Coruña): teléfono 881 960122
- CIFP Someso (A Coruña): teléfono 881 880001
- CIFP Paseo das Pontes (A Coruña): teléfono 881 961030
- CIFP Ferrolterra (Ferrol): teléfono 981 333107
- CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol): teléfono 881 930145
- CIFP Coroso (Ribeira): teléfono 881 866874
Lugo: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:
- CIFP As Mercedes (Lugo): teléfono 982 828001
- CIFP Politécnico (Lugo): teléfono 982 220328
- CIFP Porta da Auga (Ribadeo): teléfono 982 128894
Ourense: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:
- CIFP A Farixa (Ourense) : teléfono 988 783012
- CIFP A Carballeira (Ourense): teléfono 988 788470
- CIFP Portovello (Ourense): teléfono 988 788901
Pontevedra: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:
- CIFP A Granxa (Ponteareas) : teléfono 886 120880
- CIFP Manuel Antonio (Vigo): teléfono 886 120750
- CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo): teléfono 886 110857
- CIFP Carlos Oroza (Pontevedra): teléfono 886 159545
- CIFP A Xunqueira (Pontevedra): teléfono 986 873003
Ligazón a toda a información sobre as oposicións
Novas relacionadas