4016 resultados

Unha sentenza do TSXG gañada pola CIG-Ensino exime da responsabilidade de recepción de alimentos do comedor escolar á dirección dos centros docentes
O alto tribunal galego critica que a Consellaría obrigase a dirección dun colexio a efectuar esas funcións para se aforrar custes superiores no persoal de cociña.
A CIG-Ensino agarda que o Concello de Santiago manteña o seu compromiso de garantir a continuidade do persoal da Escola Municipal de Música (EMM)
A central nacionalista, que ten a representación sindical neste centro, amosa a súa preocupación porque, ás portas do mes de maio, os traballadores e traballadoras da EMM non saben se van manter o seu posto de cara ao vindeiro mes de xullo.

Nova sentenza do TSXG que recoñece o cómputo dos servizos prestados nas vacacións non gozadas do persoal docente substituto
O profesorado que foi substituto con tempo de vacacións non gozadas segue obrigado a recorrer á xustiza fronte aos incumprimentos da Consellaría
A CIG chama a clase traballadora galega a mobilizarse no Primeiro de Maio no camiño da folga xeral
Fagamos deste 1º de maio unha mobilización masiva nas rúas para encetar o camiño cara esa folga xeral
A CIG-Ensino leva ao Parlamento de Galiza a campaña de recuperación de dereitos laborais apoiada por 12.000 docentes galegos
Representantes da CIG Ensino, encabezados polo seu secretario nacional, Suso Bermello, mantiveron unha reunión cos responsábeis de Educación dos catro grupos parlamentarios para trasladarlles as principais reivindicacións do profesorado do ensino público

Representantes da CIG-Ensino e do resto de sindicatos do ensino concertado entregan na Consellaría máis de 5.600 sinaturas para esixir melloras laborais
Máis de 200 delegados e delegadas de toda Galiza das cinco OO.SS. máis representativas do ensino concertado concentráronse hoxe ante o edificio da Consellaría de Educación para reivindicar melloras salariais e laborais

Clece terá que aplicar un incremento salarial do 3,7% ao persoal do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Souto de Leixa de Ferrol
Así o determina a sentenza do Tribunal Superior que a CIG-Ensino vén de gañar

Queremos Galego acusa a Xunta de aplicar o 155 lingüístico e anima a participar na manifestación do 17 de maio
A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

Sancionan o centro de educación especial San Xerome da Guarda por denegar horas sindicais
A Xunta imponlle unha multa económica tras a denuncia da CIG diante da Inspección de Traballo
Preto de 12.000 docentes do ensino público galego apoiaron a campaña de recuperación de dereitos para este colectivo
Durante este segundo trimestre a CIG-Ensino visitou os 1.200 centros que hai en Galiza para recoller un total de 11.915 sinaturas
A CIG-Ensino insta á Consellaría a que solucione os problemas de substitución de profesorado canto antes
ACTUALIZACIÓN: apertura listaxe de matemáticas, toda a información no interior da nova

A CIG-Ensino reclama que se cumpra a normativa e que se garanta que o sistema selectivo docente sexa un concurso-oposición real
A fase de concurso só serve para ordenar por nota as persoas previamente aprobadas
Arredor de 15.000 rapaces e rapazas participarán na 18ª edición do Correlingua
Baixo o lema A lingua non para, alumnado de todas as etapas educativas, desde Infantil a Bacharelato, volverá correr polo futuro da lingua en diferentes localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio.
páxina 127 de 309