As patronais, desafiantes e a modo de ultimato, fan unha proposta mesturando á baixa a súa anterior e as dúas dos demais sindicatos

Información da mesa 13ª (12/03/19) do convenio colectivo estatal de infantil

Nesta 13ª mesa de negociación, A BANCADA PATRONAL, aproveitando a debilidade amosada polos demais sindicatos e o seu entreguismo polas propostas feitas á baixa na 12ª mesa (proposta CCOO e proposta UGT-FSIE-USO), comezan crecidas e cun ton desafiante na liña de que “coas vosas propostas a maior parte das escolas infantís pecharían, aínda son temerarias”.

A continuación presentan unha nova proposta onde recollen parte das aportacións da parte sindical antedita e completan coas súas propias en aras de chegar a un acordo:

 Ámbito salarial: Para os anos 2016, 2017 e 2018mantemento dos salarios, é dicir, conxelación. Logo presentan a seguinte proposta salarial chamada “subidas heteroxéneas por categorías profesionais”:

 

MESTRES - TITULADOS

EDUCADORES/AS

RESTO PERSOAL

ANO 2019

Suba do 1,5% :

 

1% publicación en BOE e o 0,5% dende setembro

Suba do 4% :

3,3% dende a publicación no BOE e o 0,7% dende setembro.

Complemento específico dentro do salario.

Acabarían o ano con 916,45€

 

 

   S.M.I. do 2019

ANO 2020

Suba do 1,5% dende setembro

Suba do 1,5% dende setembro

   S.M.I. do 2020

ANO 2021

Suba do 1% dende setembro

Suba do 1% dende setembro

   S.M.I. do 2021

O SMI dos 900€ segundo se recolle no R.D. Lei do goberno, o cal sería incluíndo outros complementos.

  • Eliminación da xornada semanal, manténdose só a referencia da xornada anual como está.
  • Con respecto á Incapacidade Temporal habería que modificala á baixa, da problemas.
  • Estabelecer unha nova cláusula de inaplicación salarial adaptada á normativa.
  • Actualizar o réxime disciplinario

Como resposta, POLA BANCADA SOCIAL, dende CCOO, preguntan que pasa coa proposta de xestión indirecta. Engaden que de momento non se pronunciaban sobre a proposta da patronal e que nun principio non a compartían (só faltaría!! e máis despois das “mobilizacións para dignificar convenio”). Dende UGT, din que non podían responder ao non estar o máximo responsable e que contestarían na próxima mesa. Por parte deFSIE, vén a proposta moi lonxe da que fixeron con UGT e USO. Estudarana  e contestarán na seguinte mesa.USO exprésase na mesma liña que os demais e dende CIG opinamos que isto é inasumíbel e inadmisíbel!!

Logo da negativa da parte social case unánime e dun receso moi longo, A BANCADA PATRONAL expón que se negociarán estas táboas e as de xestión indirecta, todo xunto e co convenio (este só adaptacións legais). Nun último esforzo, para chegar a acordo e asinar, “estamos dispostos a retirar os artigos da xornada e a I.T. se aceptades esta nova proposta que vos propoñemos, senón volvemos e mantemos á anterior”:

 

-MESTRES - TITULADOS

EDUCADORES/AS

RESTO PERSOAL

ANO 2019

 

 

 

Suba do 2% dende setembro

 

Suba do 5% :

3,3% dende a publicación no BOE e o 1,7% dende setembro.

Complemento específico dentro do salario. Acabaría o ano con 925€

 

 

  S.M.I. do 2019

ANO 2020

Suba do 2% dende setembro

Suba do 2% dende setembro

  S.M.I. do 2020

ANO 2021

Suba do 1% dende setembro(revisable co IPC)

Suba do 1% mínimo dende setembro (revisable co IPC)

 

  S.M.I. do 2021

O SMI dos 900€ segundo se recolle no R.D. Lei do goberno, o cal sería incluíndo outros complementos. 

POLA BANCADA SOCIAL, dende a CIG, mantémonos no manifestado anteriormente: para nós débese negociar o convenio no seu conxunto e só para melloralo laboral e salarialmente (recuperación IPC perdido de máis dun 10% e garantía futura do mesmo con cláusula de revisión salarial). As demais OO.SS insisten no que dixeron anteriormente sobre responder na seguinte mesa. CCOO e USO retiran as propostas feitas na mesa anterior.

Próxima mesa de negociación está convocada para o 3 de abril en ACADE ás 10:30h.

REFLEXIÓN DA CIG-ENSINO: Vaia perda de tempo, desprezo, falta de respecto... aos/as traballadores/as.

Dende a CIG-Ensino facemos un chamamento ás demais OO.SS. para loitarmos por un convenio digno tal e como nolo están a demandar os nosos traballadores/as, dispostos a mobilizarse e ate chegar á FOLGA de facer falla.

Esperemos que aquelas verbas dalgúns “mobilizar e dignificar o sector” non caian en saco roto.

CIG Informa sobre a 13ª reunión do convenio colectivo estatal infantil

Documento


Volver