
Publicada a resolución provisional do CXT e de Orientación de Primaria
Educación Infantil, primaria e orientación nos centros de Educación Infantil e primaria
O prazo para formular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.
As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.gal
Adxudicación Provisional corpos de educación infantil e primaria.
Resolución da adxudicación provisional de infantil e primaria
Listaxe da adxudicación provisional de infantil e primaria
Listaxe provisional de persoas participantes excluídas de infantil e primaria
Adxudicación Provisional do Concurso específico de Orientación nos CEIPs.
Resolución da adxudicación provisional
Listaxe da adxudicación provisional
Listaxe provisional de persoas participantes excluídas
Nota importante para o persoal que participe en ambos concursos.
O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estean participando simultaneamente en ambos concursos, e que obteña praza definitiva na xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.
Toda a información do CXT de primaria e infantil na seguinte ligazón
Toda a información do Concurso de orientación na seguinte ligazón