A Consellaría incrementa as prazas do CXT atendendo maioritariamente as reclamacións presentadas pola CIG Ensino

Na reunión da comisión técnica celebrada hoxe, martes 9 de abril

A Consellaría de Educación aceptou a maioría das reclamacións presentadas pola CIG Ensino, nomeadamente a retirada do perfil lingüístico en todas as prazas nas que o solicitamos.

Pola contra mantivo o perfil nalgunhas prazas nas que a Consellaría entendía que se non tiñan o perfil, non tiñan as horas suficientes para a súa publicación.

Destaca nesta relación de vacantes as numerosas desamortizacións 19, moitas a petición da CIG Ensino.

Tamén conseguimos desde a CIG Ensino que se publicaran como vacantes moitas das resultas non cubertas, co cal o concurso final podería ser moi distinto ao provisional, sobre todo se temos en conta o número de renuncias ao Concurso, ao redor das 300.

Recordar tamén que algunhas das vacantes non se van cubrir na publicación do CXT posto que non hai peticionarios para todas as prazas nalgunhas das especialidades.

Podedes consultar no seguinte documento as vacantes a día de hoxe, non son aínda definitivas e se atopades algún erro ou falta podedes comunicárnolo á maior brevidade.

Volver