
Publicada a resolución provisional do CXT
Dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas...
O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 13 de marzo ata o 27 de marzo, ambos incluídos.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.
As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a: persoal.secundaria@edu.xunta.gal