Publicada a Orde do concurso de méritos para a selección e nomeamento das direccións dos centros docentes

O DOG publicou hoxe a Orde do 14 de marzo de 2019 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A principal novidade desta convocatoria é a inclusión do requisito de ter superado o curso de formación para a dirección que, no caso de Galiza, se ofertou por vez primeira este ano. Esta obriga é un novo exemplo de como a Consellaría aplica sen rubor os aspectos máis contestados socialmente da LOMCE, mesmo cando ten marxe para democratizar minimamente este proceso de selección.

A CIG-Ensino rexeitou na Mesa Sectorial do pasado 12 de marzo o texto desta Orde e volveu defender que a responsabilidade da selección das direccións docentes recaia nunha comisión na que a comunidade educativa, e dentro dela o profesorado do centro, sexan claramente maioría.

prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, é dicir, do 2 ao 24 de abril.

Volver